A CIG-Ensino solicita no seu recurso a impugnación da Orde do 9 de agosto de 2016, publicada no DOG do 12 de agosto, pola cal se modifican os concertos educativos.
A CIG-Ensino vén de presentar un recurso
contencioso-administrativo no Tribunal Superior de Xustiza de Galiza,
pola decisión da Consellaría de Educación de conceder un novo concerto á
Casa do Neno, en Santiago. A CIG-Ensino solicita no seu recurso a
impugnación da Orde do 9 de agosto de 2016, publicada no DOG do 12 de
agosto, pola cal se modifican os concertos educativos con centros
docentes privados de educación infantil, educación primaria, educación
secundaria obrigatoria, educación especial e de formación profesional.
A CIG-Ensino xa denunciou, con anterioridade á publicación
desta orde, as intencións da Consellaría, subliñando que a autorización
deste concerto era consecuencia dunha actuación “fraudulenta”. Esta
actuación iniciouse coa publicación dunha orde, o pasado 25 de abril,
que modificaba a autorización do centro privado Casa do Neno
–pertencente á igrexa católica- para concederlle seis unidades de
educación primaria e seis unidades do segundo ciclo de educación
infantil.
Nesta resolución administrativa de autorización figuraba como único enderezo do centro o da rúa Canteira de Arriba, 17, en Santiago de Compostela e non se facía ningunha referencia a que as novas ensinanzas autorizadas poidan impartirse nunha localización diferente. Porén, desde semanas antes, o centro Casa do Neno anunciaba na súa web que as aulas se impartirían nunhas novas instalacións situadas nunha parte do edificio del Seminario Menor de Belvís, que depende do arcebispado.
Para a CIG-Ensino é inxustificábel que se aprobe unha nova unidade e se destinen fondos públicos para este centro privado cando o director xeral de Recursos Humanos admite na propia resolución que “as necesidades educativas da zona, actualmente, se atopan debidamente cubertas”. Ademais os centros aos que se atopaba adscrito o centro Casa do Neno -CEIP As Fontiñas, CEIP Mestre Rodríguez Xixirei e CEIP Apóstolo Santiago- teñen capacidade para cubrir a demanda existente de alumnado, tal como se constata na acta da Comisión de Escolarización de Santiago de Compostela do 16 de maio de 2016.
O secretario nacional da CIG-Ensino, Anxo Louzao, xa denunciou daquela que malia non estar concedido o incremento do concerto, a Consellaría de Educación incluía o primeiro curso de Educación Primaria do centro Casa do Neno dentro da relación de centros concertados que presentou na reunión da Comisión de Escolarización de Santiago de Compostela do 16 de maio e, “presumibelmente, colaborou de forma activa no procedemento previo de solicitudes de admisión dese centro”, tal e como se constatou nesa xuntanza da comisión de escolarización, “ao terlle asignado 25 prazas de 1º de primaria e ter admitido 8 alumnos/as no prazo de solicitude de admisión de alumnado”.
A CIG-Ensino lembra que mesmo se publicou a oferta de prazas nunha información na prensa na que citando fontes da dirección do centro, se afirmaba literalmente que aínda que tiñan autorización para montar seis unidades, a Xunta só lle concedera o concerto do primeiro curso, que a matrícula sería por rigorosa orde de chegada e que para formalizala había que dirixirse á sede principal da Casa do Neno ou ao edificio Mupega, onde ten as súas instalacións o Servizo Territorial de Inspección Educativa.
Para Anxo Louzao toda esta relación de sucesos apuntan cara unha actuación “fraudulenta” da consellaría e demostrarían a súa submisión aos intereses e demandas da igrexa católica. Por iso, a CIG-Ensino rexistrou inicialmente un escrito dirixido ao conselleiro demandando que se comprobara a veracidade destes feitos a fin de depurar posíbeis responsabilidades administrativas e/ou penais e que se lle denegara ao centro privado o incremento do concerto. Á vista da publicación da Orde do 9 de agosto de 2016, a Consellaría non rectificou a súa decisión polo que a CIG-Ensino decidiu presentar recurso contencioso-administrativo no Tribunal Superior de Xustiza de Galiza solicitando a súa impugnación .

Ningún comentario:
Publicar un comentario