A MNL considera o anuncio de Feijóo de que a Xunta responderá en castelán as queixas e suxerencias que se lle fagan nese idioma supón unha derrogación encuberta da Lei de Normalización Lingüística.
A Mesa pola Normalización Lingüística
mostrou o seu rexeitamento ao Decreto de atención cidadá que, segundo
anunciou o Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixó, deixará de ter o
galego como lingua preferente da administración. A administración galega
responderá en castelán as queixas e suxerencias que lle cheguen nese
idioma, afirmou o presidente galego esta quinta feira despois do
Consello da Xunta.
Para Marcos Maceira, presidenta da MNL, este anuncio procura captar en plena campaña “o sector máis extremista e intrasixente para co galego do electorado”, o que constitúe toda unha “irresponsabilidade”. Neste punto, Maceira fai un chamamento aos sectores do PP que queren e aprecian o galego para que rexeiten “ esta nova campaña de galegofobia e o seu apoio á lingua que nos une”.
O presidente da Mesa cualificou de “asneira” impropia do máximo responsábel político de Galiza falar de “blindar os dereitos dos castelanfalantes” cando é o primeiro que debería saber que a administración xa garante a atención en castelán, “blindada non só pola lexislación galega senón pola propia Constitución Española que sitúa como linguas inferiores en dereitos e deberes ás linguas propias e mentres a mesma administración non garante e vulnera sistematicamente o dereito a atención en galego”. Neste punto, lembrou que o Estado español conta con máis de 500 de disposición legais que obrigan ao uso do español “mentres a pouca lexislación favorábel ao galego se vulnera constantemente con decretos coma este”.

“Nas queixas recibidas pola Liña do galego no 2015, o 50% tiñan relación coa administración”.Maceira referiuse a exemplos concretos da exclusión do galego nos servizos públicos que se coñeceron estes días, como o do impresoe domiciliación dos comedores escolares, que exclúe o galego e só está en español-inglés; ou a información a doentes só en castelán en varios centros de saúde galegos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario