A última convocatoria da selectividade tal e como a coñecemos arrancou este mércores con 2.676 mozos realizando as probas de setembro en diferentes localidades da xeografía galega.
A xornada de exames arrancou ás 10.00 horas coas probas de Lingua Castelá e Literatura que, como cada ano, consistiron nun comentario sobre un texto non especializado e de carácter informativo, diversas preguntas sobre o contido, gramática e teoría.
Nesta ocasión, a primeira opción incluía un artigo de Rosa Montero para 'El País' no que aborda a caída dos mozos no fanatismo e a violencia, reflexionando sobre as razóns da entrega ao odio e a incapacidade de Europa para ofrecer un modelo ilusionante de sociedade.
Como alternativa, os alumnos dispoñían dun texto de José Ignacio Torreblanca en 'La Razón', no que trata as trampas fiscais das multinacionais e a complicidade de certos países que ofrecen vantaxes en impostos para localizarse nas súas rexións, a pesar de que iso supoña un incremento da desigualdade a causa da precariedade salarial e laboral que sofren os traballadores destas empresas.
Cada unha das opcións viña acompañada de preguntas nas que se pedía un comentario crítico e razoado sobre as ideas contidas no texto, sobre gramática e sintaxe, entre outras.
A cuarta parte do exame correspondíase coa sección de Literatura. Nela, incluíase un fragmento dunha obra, cuestións ao respecto do mesmo, ademais de preguntas de teoría sobre obras como La Fundación, Campos de Castilla, o Modernismo ou a xeración do 98.
Posteriormente, celebráronse os exames de Historia de España e Historia da Filosofía (12.15 horas) e de Lingua Galega e literatura (16.00 horas) e Lingua Estranxeira (18.15 horas) en sesión de tarde.
Ningún comentario:
Publicar un comentario