Rogelio Carballo leva á
fronte da Federación de ANPA de Centros Públicos de Pontevedra (Fanpa)
dende o 8 de febreiro do 2014. Nestes case dous anos aínda non sabe o
que é asistir ao Consello Escolar Municipal de Pontevedra. Entende que o
novo mapa escolar é a cuestión máis importante que está enriba da mesa.
-¿Serven para algo os Consellos Escolares Municipais?
-Supoño que si, aínda que
non fun convocado a ningún. A intención da concelleira de Educación é
convocalo pronto. A finais de novembro mandamos os datos dos nosos
representantes. É certo que en poucos sitios se levan con rigor, creo
que Vilagarcía é un caso, noutros moitos os Consellos Escolares
Municipais están de adorno.
-¿Falarase do novo mapa escolar?
-É o tema máis importante que está
sobre a mesa. Nós non sabemos nada do documento no que está traballando a
Xunta porque non se nos informa de nada. É como se fora unha cuestión
que non afectara aos pais.
-¿Cal é a proposta da Fanpa?
-Que non se pechen aulas públicas e
se recuperen as perdidas este curso porque non se poden reducir na única
cidade que ten crecemento vexetativo positivo. Apostamos por un mapa
dinámico e non estático, como se ten que cambiar todos os anos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario