Investigadores da Unidade Mixta de Investigación Repsol-ITMATI e de Chile asistirán dende o 20 ao 22 de xaneiro na Facultade de Matemáticas da USC
a unha xornada de matemática industrial que ten por obxecto
intercambiar experiencias sobre diversas aplicacións na materia e buscar
intereses comúns de investigación. Ao longo das tres xornadas
presentaranse diferentes proxectos con aplicación a problemas industriais
como a planificación mineira, a programación da tripulación para
transportes en tren ou a optimización das redes de gas ou as plantas
industriais, entre outros.
Esta actividade, organizada polo Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial
(ITMATI) e os centros chilenos AMTC e CMM, enmárcase na programación da
Unidade Mixta de Investigación Repsol-ITMATI que conta co financiamento
da Axencia Galega de Innovación e do Ministerio de Economía e
Competitividade no marco da estratexia Española de Innovación en
Galicia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario