A AMTEGA abre
mañá o prazo de inscrición para a obtención da certificación galega de
competencias dixitais en ofimática, tal e como recolle a convocatoria
publicada hoxe no DOG, con 180 prazas para o curso preparatorio previo ao exame
presencial que terá lugar a mediados do mes de xuño. A inscrición realizarse a través da páxina web de CeMIT e os únicos
requisitos necesarios son ser maior de 16 anos, estar dado de alta como usuario
da rede CeMIT e abonar a taxa correspondente aos dereitos de exame. O curso de
preparación impártese na modalidade de teleformación con titorías de apoio,
polo que soamente será necesario contar cun ordenador persoal e conexión a
internet para seguir a formación dende calquera lugar e en calquera momento.
O prazo de inscrición será de cinco días naturais a partir de
mañá. Unha vez finalizado o prazo de inscrición, publicarase a relación
provisional de persoas admitidas na páxina web da rede CeMIT así como un número
adecuado de reservas. As persoas admitidas deberán aboar no prazo de cinco días
naturais desde a data da súa publicación a taxa de 10 euros correspondente aos
dereitos de exame, sendo excluídos aqueles aspirantes que non aboen a citada
taxa.
Durante as 12 semanas de duración deste curso, as persoas matriculadas
formaranse nos contidos que compoñen o Plan Formativo Ofimático de Galicia,
composto actualmente polas cinco unidades nas que se estrutura o módulo
formativo MF0233_2 «Ofimática» (190 horas) do Repertorio Nacional de
certificados de profesionalidade:
- Sistema operativo, busca da
información: internet/intranet e correo electrónico (30 horas)
- Aplicacións informáticas de bases de
datos relacionais. LibreOffice Base (50 horas)
- Aplicacións informáticas para
presentacións: gráficas de información. LibreOffice Impress (30 horas)
- Aplicacións informáticas de tratamento
de textos. LibreOffice Writer. (30 horas)
- Aplicacións informáticas de follas de
cálculo. LibreOffice Calc (50 horas)
Esta
convocatoria forma parte do Plan de Formación da rede CeMIT para este ano 2016,
que terá a súa continuación cun novo curso de teleformación titorizada previsto
para o segundo semestre (no mes de setembro).
Ningún comentario:
Publicar un comentario