Foron o que recibiron os medios tradicionais editados en español só no segundo semestre de 2015. La Voz de Galicia percibe a metade dese diñeiro, que é sete veces máis do que recibiron os medios escritos en galego durante todo o pasado ano.
- A Xunta deulle 1,7 millóns aos grandes medios en concepto de axudas en 2015
- A Xunta dálle 235.000 euros a La Voz e El Correo para falar das “potencialidades” de Santiago
- A Xunta destinará 4 millóns para campañas de turismo en ano electoral
A Consellería de Cultura destinou no segundo semestre do pasado ano
301.000 euros para que os grandes medios potenciaran o uso do galego en
xornais e canles de radios. Un diñeiro que foi para algúns medios que raramente superan o 5% das súas informacións escritas na nosa lingua.
Este diñeiro súmase, ademais, ao doutras consellerías e ás axudas da Secretaría Xeral de Comunicación e que nos últimos meses superaron os seis millóns de euros, segundo as estimacións realizadas por GC tras a publicación de diversas informacións sobre convenios publicitarios. Sen embargo, aínda hai convenios e acordos publicitarios que non foron feitos públicos.
Como noutras axudas, o Grupo Voz segue sendo o que máis cartos públicos recibe con diferencia. A Xunta deulle a este medio 149.500 euros nos seis últimos meses para potenciar o uso do galego tanto no seu xornal, La Voz de Galicia, como na súa radio, Radio Voz. A moita distancia está o grupo Prensa Ibérica que recibiu 78.000 euros; Faro de Vigo, 63.0000 e La Opinión de A Coruña, 15.000 euros.
Pola súa banda, El Progreso de Lugo tivo 35.000 euros; La Región, 23.000 euros e Editorial La Capital ( El Ideal Gallego, Diario de Ferrol, Diario de Bergantiños e Diario de Arousa), 15.5000 euros. Nesta relación non figura, curiosamente, Editorial Compostela, editora de El Correo Gallego, que chegou a ter un medio en galego, Galicia Hoxe.
Os medios en galego, sete veces menos
Estes 300.000 euros contrastan cos 41.341 que a Secretaría Xeral de Medios destinaba aos medios escritos íntegramente en galego no 2015, na súa resolución do 31 de decembro de 2014, o que significa que os medios en galego recibiron sete veces menos axudas que os escritos en español. Iso, tendo en conta, que a axuda dos medios en galego é anual e a dos medios en español é semestral.
Tamén contrastan cos 48.000 que só se destinaron para escavacións arqueolóxicas, a pesar da importancia económica que os bens arqueolóxicos poden ter na proxección turística de Galicia. Destes, 30.000 foron destinados para o convenio entre Cultura e a USC para actuacións arqueolóxicas no xacemento da Cova de Eirós (Triacastela) e outros 18.000 para a realización dunha intervención arqueolóxica na Sauna Castrexa do Castro de Castelón de Castañoso na Fonsagrada.
Cultura tamén destinou no último semestre do ano 6.000 euros para o IX Premio Diario Cultural Teatro Radiofónico da Radio Galega, os mesmos que para o Centro Pen Galicia para a realización de actuacións en materia de normalización lingüística. Outros 2.000 euros foron para a realización do III Premio de Poesía Gonzalo López Abente nun acordo entre a consellería e a Fundación Gonzalo López Abente.
A subvención aos medios en español polo seu uso escaso do galego, tamén contrasta cos 60.000 euros para a realización das feiras do libro en Galicia en 2015 nun convenio de colaboración coa Asociación de Libreiros de Galicia ou os 17.000 para actividades culturais e a colaboración coa OEPLI en convenio coa Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil.

Ningún comentario:
Publicar un comentario