luns, 11 de xaneiro de 2016

A fenda salarial entre homes e mulleres en Galiza supera os 4.000 euros anuais

A MULLER COBRA O 20% MENOS QUE O HOME
 
O salario medio feminino no noso país sitúase por baixo dos 15.500 euros anuais. O do varón, pero dos 20.000.

Por ser muller, un 20% menos de salario que un home. É a media da fenda salarial por sexos que a día de hoxe existe en Galiza. Lémbranolo un informe do gabinete do sindicato CIG, que aponta a que o 2014 despediuse cun soldo medio anual para os varóns de 19.746 euros mentres que a media para as mulleres ficaba por baixo de 15.500. Estamos a falar, logo, dunha diferenza de máis de 4.000 euros anuais.
Mais desde o inicio da crise esa fenda foi minguando. Mais esa redución responde a motivos que nada teñen a ver coa igualdade de xénero: “Se no ano 2009 o salario medio dunha muller representaba o 76,9% do dun home, en 2014 é o 78,1%. As diferenzas atenuáronse polo maior descenso dos ingresos salariais percibidos polos homes fronte aos das mulleres, non porque medrasen máis uns que outros”, afirma o sindicato naciomalista.
O menor diferencial prodúcese a partir de 2011, cando os salarios das mulleres comezan a recuperarse levemente e os dos homes continúan en descenso. “Ao ser a construción e o sector industrial os sectores máis afectados pola crise, e seren estes moi masculinizados, foi onde máis emprego se perdeu e onde se aplicaron en maior medida as reducións salariais que a reforma laboral permitiu”.

Ningún comentario:

Publicar un comentario