A confianza empresarial cae en Galicia un 3,2%, case dous puntos máis que a media nacional. A maioría dos empresarios son pesimistas sobre o futuro dos seus negocios.
Os empresarios galegos non acaban de crer na tan anunciada recuperación económica. A súa confianza caeu un 3,2% no primeiro trimestre segundo apunta o Indicador de Confianza Empresarial Harmonizado (ICEA), que publica o Instituto Nacional de Estatística (INE).Unhas cifras que son dous puntos superiores ás do conxunto do Estado, que tamén descenderoon un 1,3%. Precisamente, o descenso da confianza no primeiro trimestre no Estado rompe a serie de case tres anos (11 trimestres) consecutivos en terreo positivo.
Os máis confiados son Castela-A Mancha (1,7%), Rexión de Murcia (1,2%) e País Vasco (1,1%). Os máis descofiados, ademais dos galegos, os empresarios das Illas Baleares (-5,4%) e Navarra (-4,7%).
Os datos do INE apuntan a un empeoramento das expectativas. Así, en Galicia un 25,4% son pesimistas respecto ao trimestre que comeza fronte ao 11,9% que se mostra optimista. Mentres, un 62,7% considera que será normal.
A nivel estatal, no primeiro trimestre do ano o balance de expectativas (diferenza entre as opinións dos empresarios optimistas e os pesimistas), situouse en -6,5 puntos, fronte ao saldo negativo de 1,3 puntos do trimestre anterior.
Ningún comentario:
Publicar un comentario