A Mesa faise eco do malestar existente cunha compañá que, embora extraer de Galiza boa parte dos seus recursos, non atende en galego os clientes. Mais si en catalán ou inglés.
Endesa é unha empresa que ten en Galiza 6 centrais hidráulicas, 1 minicentral, 1 térmica e 5 parques eólicos. No noso país produce máis de 2.800.000 Kw. Mais os idiomas de atención os seus clientes galegos son castelán.. ou inglés ou catalán. De galego, cero.Isto é o que están a denunciar clientes desta empresa e que tamén denuncia A Mesa pola Normalización Lingüística, que comezou nas redes sociais unha campaña para que o galego sexa unha opción de idioma para a clientela galega.
A Mesa mesmo sinala que Endesa “ incumpre varias leis non atendendo as consultas de clientes galegofalantes” e pregunta que vai facer a Secretaría Xeral de Política Lingüística para solucionalo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario