8 de cada 10 fogares tiran alimentos sen procesar ao lixo por considerar que non están en bo estado, mentres que 3 de cada 10 tiran parte da comida preparada.
Na reunión da VII Comisión de Seguimiento da Estratexia “Máis alimento,
menos desperdicio”, celebrada no marco de Madrid Fusión 2016, congreso
gastronómico que tivo lugar entre os días 25 e 27 deste mes no Palacio
Municipal de Congresos de Madrid , o Ministerio de Agricultura,
Alimentación e Medio Ambiente (MAGRAMA) presentou o primeiro Panel de
cuantificación do desperdicio alimentario, do que se desprende que nos
fogares españois arróxanse ao cubo do lixo cada ano 1.325,9 millóns de
quilos de alimentos.
Este Panel, tal e como asegura o MAGRAMA, permite cuantificar os
alimentos sen procesar que se desbotan por deterioro ou caducidade, e os
cociñados ou en receitas que se eliminan por sobrar ou por deterioro. A
partir deste momento, a información será actualizada semestralmente,
permitindo coñecer así a evolución do desperdicio alimentario nos
domicilios.
Os datos
Deste primeiro estudo extráese que:
•Os fogares españois desperdician 25,5 millóns de quilos de alimentos á
semana, representando o 4,53 por cento do total da comida comprada.
Neste sentido, cabe precisar que non se desbota na mesma proporción o
que se compra, detectándose diferenzas significativas entre produtos.
•8 de cada 10 fogares tiran alimentos sen procesar ao lixo por non
consideralos en bo estado. Froitas, verduras e pan fresco representan o
48,1 por cento do volume de refugallos.
•Unha vez preparado o produto, o desperdicio de alimentos vese
reducido. De feito, 3 de cada 10 fogares tiran parte dos menús ao lixo,
sendo maior a cantidade que se desperdicia desde a nevera que a que se
desperdicia por non consumirse na mesa.
•Especial protagonismo cobra a estacionalidade, tanto en ingredientes
sen cociñar como en pratos preparados. Constatouse que na
primaveira-verán desperdíciase un 9,4 por cento máis que no
outono-inverno.
O Ministerio manifesta que os datos proceden dos 12.000 fogares
participantes no panel de compras, que posibilita a recollida diaria, a
través de scanner, das compras para o fogar, permitindo facer un
seguimiento en torno aos alimentos que son susceptibles de desbotarse, e
no panel de uso, que se estrutura mediante un diario de consumo semanal
(receitas que elaboran cada día), subministrando información sobre as
receitas elaboradas e que son susceptibles de ter sido desbotadas.
A metodoloxía de cuantificación do novo Panel facilita a obtención de
datos fiables e representativos, xa que os fogares que interveñen teñen
ampla experiencia na participación en paneles, as enquisas están
deseñadas para permitir unha rápida cumprimentación, as posibilidades de
resposta están adaptadas á realidade do fogar, e, ademais, permítese
que os panelistas cuantifiquen o desperdicio de unidades de medidas
diferentes segundo o produto elixido.
Ningún comentario:
Publicar un comentario