CIG-Ensino denuncia a “persistencia” da Consellería de Educación nas tesoiradas ao idioma na educación.
A Consellería de Educación recunca no recorte de axudas e
fondos para a promoción da lingua galega. Esta é a denuncia que fixo
esta segunda feira a CIG-Ensino. O sindicato sinala que a finais do pasado mes de decembro, “en plenas vacacións”, a Consellería publicou a 'Convocatoria
para a presentación de proxectos de fomento do uso do galego nos
centros de titularidade pública para o curso escolar 2015/16”.
Convocalo tan tarde, e non a inicio de curso, fai inviábel que haxa
actividades normalizadoras no primeiro trimestre. A isto engádese que os
centros non saberán até case o final do curso se contan ou non con
axudas, “así sucedeu os cursos anteriores, en que a resolución se
publicou a poucos días de finalizar o curso”.
Mais a principal crítica vai a que hai un mantemento do recorte á promoción do galego, “unha vez máis mantén unha partida orzamentaria (300.000 euros) que significa un recorte do 62.5% respecto das partidas orzamentarias anteriores ao curso 2009/2010. Un recorte que non é proporcional ao que sofren os centros privados (neste caso o recorte foi do 55.4%)”.
A CIG-Ensino reclama que estas convocatorias se publiquen no mesmo mes en que se inicia o curso escolar, e no caso dos proxecto de innovación tamén se publiquen no DOG; que se incrementen as axudas para a promoción da lingua galega, entre outras demandas.

Ningún comentario:
Publicar un comentario