A Modern Language Association (MLA) celebrou do 7 ao 10 de xaneiro en Austin (Texas, EUA) o seu congreso anual.
Trátase do evento máis importantes de linguas e culturas do mundo e o
galego e a literatura galega tiveron unha presenza protagonista, con
catro paneis específicos, que acolleron a presentación de numerosos relatorios. O pasado ano a entidade creou unha sección permanente
dedicada especificamente ás nosas letras. O congreso celebrado en
Austin foi a primeira cita na que este protagonismo do galego se fixo
oficial.
Os catro paneis dedicados aos estudos galegos foron Dialogues across the Miño: Galician-Portuguese Linguistic, Literary, and Cultural Relations (Diálogos a través do Miño: Relacións Lingüísticas, Literarias e Culturais galego-portuguesas); Translation, Bilingualism, Glocalization: New Linguistic Approaches in Galician Studies (Tradución, Bilingüísmo, Glocalización: Novas achegas lingüísticas nos estudos galegos); Rethinking the Rexurdimento: Nineteenth-Century Galician Literary Production in Castilian (Repensando o Rexurdimento; A produción literaria galega en castelán no século XIX); e Weaving, Burning, Growing: Material Readings in Galician Literature (Tecendo, queimando, crecendo: Lecturas de materiais na literatura galega).
Cómpre salientar, para valorar a importancia outorgada ao galego no
congreso que, fronte aos catro paneis cos que contou a nosa literatura,
outras linguas coma o catalán, o grego, o holandés, o turco ou o
húngaro dispuxeron dun só panel, o hebreo de dous e as linguas
escandinavas de tres.
Ningún comentario:
Publicar un comentario