Fíxoo no relatorio sobre linguas rexionais ou minoritarias no que dá conta da existencia dunha única publicación imprensa semanal en lingua galega, Sermos Galiza.
O relatorio elaborado polo Comité de Expertos europeo ao fío da cuarta rolda de avaliación do cumprimento da Carta europea de linguas minoritarias ou rexionais, supón un tirón de orellas á política lingüistica da Xunta de Feijóo.Neste senso, para alén dos incumprimentos que o goberno galego e o Estado español estarían a cometer en materia de ensino, na xustiza ou na propia administración, senón que dá conta deles tamén noutros ámbitos como os medios de comunicación.
No concreto, en cumprimento do artigo 11 os territorios que subscriben a Carta están obrigados a asegurar a existencia de medios nas linguas propias --quer audiovisuais, quer impresos-- fomentando e facilitando a súa creación, a formación d@s xornalistas .
Porén, segundo recolle o documento publicado polo Comité de Expertos "as axudas públicas dirixidas aos medios en galego foron drasticamente reducidas" o que provocou "o fechamento dos xornais que usaban o galego" como o Galicia Hoxe, Xornal de Galicia, De Luns a Venres e A Nosa Terra.
La Voz de Galicia, recibe tres veces máis fondos públicos que o conxunto dos 18 medios que publican integramente en galegoE é que, na última resolución publicada pola Xunta de Galiza en materia de axudas concedidas a "empresas que realicen publicacións periódicas escritas integramente en galego" e de "axudas concedidas a empresas xornalísticas e de radiofusión" evidencian o nesgo da administración en favor das cabeceiras escritas case na súa totalidade en español.
Así, unha soa cabeceira, La Voz de Galicia, recibe tres veces máis fondos públicos (681.901 euros) que o conxunto dos 18 medios que publican integramente en galego (201.340 euros).
Desde o Comité de Expertos sinalan que na actualidade unicamente existe no noso país un xornal impreso "publicado integramente en galego e unha vez á semana, Sermos Galiza".
Perante esta realidade, e parabenizando "a presenza do galego" no terreo dixital, desde a UE encoraxan a Xunta a explorar, en cooperación cos axentes, as posibilidades para a imprensa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario