Durante os últimos anos pais, profesores e estudantes alagamos as
rúas en máis de 20 folgas estudantís e 3 folgas de toda a comunidade
educativa para deixar claro que non aceptamos ningún ataque á escola
pública. Coa nosa loita logramos moitas das nosas reivindicacións como
botar a Wert, que o 3+2 non se estea aplicando hoxe nas universidades ou
que se aprazaron sen data as reválidas franquistas. Pero non nos
conformamos con iso. Froito da urxencia e a gran indignación social
polos ataques do PP, a defensa da educación pública foi unha das
bandeiras das formacións de esquerdas que lograron un enorme avance nas
últimas eleccións. Tanto é así que nos últimos días puidemos ver
diferentes declaracións públicas dos dirixentes de Podemos, UP-EU e PSOE
esixindo a derrogación da LOMCE.
¡A voz unida de todos os que defendemos a educación pública debe pedir no parlamento a derrogación a LOMCE e o 3+2!
O avance de Podemos, as confluencias de esquerdas e EU-UP o 20-D
foron unha vitoria no terreo electoral de todos os que estes anos non
nos resignamos á política ditada polos poderosos. Tamén o PSOE fíxose
eco de reivindicacións tan sentidas entre os traballadores e os mozos,
pero as palabras non son suficientes se non van acompañadas de accións.
Despois de dar un envorco ao parlamento o 20D, chega o momento de
levar aos feitos os programas e as reivindicacións que, os que votamos á
esquerda, esiximos xa nas rúas. Por iso desde o Sindicato de Estudantes
chamamos aos representantes de Podemos, das diferentes coalicións de
esquerdas que houbo ao longo e ancho do Estado, de EU- Unidade Popular,
do PSOE, de ERC e de Bildu a que dean un paso máis para levar a voz de
millóns de mozos ao parlamento e tramiten de forma inmediata unha
proposición parlamentaria para derrogar a LOMCE e o 3+2.
A loita nas rúas é indispensable para lograr reverter os ataques e continuar defendendo a escola pública
A esixencia da derrogación da LOMCE é produto da impactante loita da
comunidade educativa, da organización e a mobilización. Con todo a
política de recortes e despedimentos do PP, así como os intentos da
dereita por continuar facendo da escola pública un negocio para o lucro
duns poucos segue ameazando o noso dereito a unha educación pública e de
calidade. A única maneira de continuar facendo fronte aos propósitos da
dereita e a patronal educativa é impulsando a onda de mobilización
social que puxo en aprietos ao PP para aplicar todos os seus ataques.
Hai que redobrar a mobilización e a organización da Marea Verde na rúa,
nos institutos e universidades para que o avance da esquerda no
parlamento teña a forza de ser un muro inquebrantable contra a política e
as manobras do PP, a banca e os grandes empresarios
Ningún comentario:
Publicar un comentario