Destinou apenas 1,7 millóns de euros dos máis de 3 millóns que tiña previstos para o exercicio 2015. Dende 2011 até agora mais de 7.000 bolseiros deixaron de percibir as súas axudas.
O goberno galego deixou sen executar case a metade do orzamento previsto para bolsas universitarias en 2015. Dos 3,18 millóns de euros orzamentados para bolsas polo goberno galego, no ano 2015 Educación “fixo tres transferencias de crédito” polas que destinou 1,7 millóns.
Esta é a denuncia que en sede parlamentar dixo a deputada socialista Concepción Burgo, que acusou Feijóo de “deixar a moitos mozos e mozas polo camiño” ao poñer condicións “imposíbeis” para conceder as bolsas universitarias, incumprindo deliberadamente a súa obriga de garantir a equidade e a igualdade de oportunidades. De acordo cos datos oficiais, dende 2009 até 2016 os fondos do Ministerio para bolsas diminuíron un 24 por cento, situándose a cuantía media das bolsas para 2015, ao nivel do curso 2004-2005, dez anos atrás.
A esta situación engade o "endurecemento" dos requisitos das bolsas en Galiza, “imposíbeis para as familias que non chegan ao salario mínimo interprofesional, co que só están a conceder o 43 por cento das solicitudes presentadas”.
A consecuencia destas políticas, afirmou Burgo, é que dende 2011 até agora máis de 7.000 bolseiros deixaron de percibir as súas axudas.

Dende 2011 até agora mais de 7.000 bolseiros deixaron de percibir as súas axudasA parlamentar puxo sobre a mesa tamén o que cualificou como “truco” do goberno galego de convocar bolsas “por debaixo do orzamentado”, sendo que malia que para 2015 tiñan previstos 3,18 millóns en bolsas universitarias, “sumando tódalas súas convocatorias, só suman pouco máis de 2 millóns de euros”.
A esta situación engade o "endurecemento" dos requisitos das bolsas en Galiza, “imposíbeis para as familias que non chegan ao salario mínimo interprofesional, co que só están a conceder o 43 por cento das solicitudes presentadas”.
A consecuencia destas políticas, afirmou Burgo, é que dende 2011 até agora máis de 7.000 bolseiros deixaron de percibir as súas axudas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario