Calquera usuario ou usuaria que acceda á web poderá facer as súas preguntas ou responder as doutros usuarios, ademais de votar as mellores respostasQual é o motivo de que os sinais "stop" sejam "arret" no Quebeque?, Como se fai a caldeirada?, Cal é o lugar máis barato no estado español para quitar a licenza de pesca submarina?, Por que hai mellor marisco nos meses con R? ou Cal é o límite da pesca de altura e a de baixura? son algunhas das preguntas que neste momento ocupan a portada de Oque.gal
Trátase dun proxecto aberto a todo tipo de colaboracións da comunidade e ás diferentes normas que se empregan na actualidade na escrita do idioma galego. Calquera usuario ou usuaria que acceda á web poderá facer as súas preguntas ou responder as doutros usuarios, ademais de votar as mellores respostas. As respostas serán ordenadas segundo a valoración dos propios usuarios e usuarias. Un sistema de puntuación recompensa aqueles usuarios e usuarias que a comunidade considera máis acertados e acertadas. Un grupo de administradores/as e moderadores/as supervisará os contidos, que están completamente abertos ás achegas dos usuarios/as. O portal inspírase noutras webs de éxito como Quora ou Stack Overflow. O software empregado, Question2answer, é empregado tamén noutros portais de preguntas e respostas.
"Decidimos que podía ser unha boa idea, xa que é un tipo de web está funcionando moi ben, tanto a nivel profesional como afeccionado""Decidimos que podía ser unha boa idea, xa que é un tipo de web está funcionando moi ben, tanto a nivel profesional como afeccionado. Montar unha web comunitaria coma esta sempre é un reto interesante, mais a experiencia de Chuza valeunos de moito, así que ao final o traballo foi máis de contactar e organizar a xente de perfís diferentes, para que cada un achegase a súa parte. Uns comezaron a achegar contidos, outros colaboraron no deseño e outros no apartado técnico. Cada un puxo un pouco para lograrmos entre todos o resultado final", sinalan dende a asociación.
"A rede galega ten moitos baleiros. É unha posibilidade máis que ofrece a comunidade galega na rede, outra web interesante das moitas que temos"De momento os administradores da web serán un grupo de persoas voluntarias, aínda que o posto "está aberto a quen queira ocupalo", indican. "Os moderadores deberían ter pouco traballo, xa que non se dedicarán a xulgar os contidos, só a eliminar os que incumpran as normas, que son as habituais nas webs comunitarias: insultos, mencións persoais, contidos ilegais. Do resto ocuparase a mesma comunidade de usuarios, que é a que valorará os contidos na mesma web", subliñan.
Vén Oque.gal encher un oco, un baleiro na rede galega? "A rede galega ten moitos baleiros, se tiveramos que enchelos todos non acabariamos nunca. Eu prefiro velo ao revés e dicir que é unha posibilidade máis que ofrece a comunidade galega na rede, outra web interesante das moitas que temos", conclúen dende a asociación.
Ningún comentario:
Publicar un comentario