Presentáronse na na Oficina Española de Patentes y Marcas (OEPM) 146 peticións de galeg@s para rexistrar patentes.
A Oficina Española de Patentes y Marcas (OEPM) recibiu en 2014 un total de 146 solicitudes de galegos para rexistrar patentes, o que supón o 5% das 2.902 recibidas a nivel de Estado, e 91 solicitudes para rexistrar 'modelos de utilidade'. Unha cifra lixeiramente inferior á do exercicio anterior ( pedírase rexistrar 164 patentes e 122 modelos de utilidade). No ano que se adoita sinalar como inicio de percepción da crise, 2009, os inventores galegos presentaron 173 patentes e 94 modelos de solicitude.A patente é un título que recoñece o dereito de explotar en exclusiva a invención patentada, impedindo a outros a súa fabricación, venta ou utilización sen consentimento do titular. Como contrapartida, a patente ponse a disposición do público para xeral coñecemento. O modelo de utilidade refírese as invencións que, sendo novas e implicando unha actividade inventiva, consisten en dar a un obxecto unha configuración, estrutura ou constitución da que resulte algunha vantaxe practicamente apreciable para o seu uso ou fabricación.
Eido masculino
Segundo os dados do IGE, das 146 solicitudes que en 2014 presentaron inventores galegos para patentes, 45 proceden de empresas privadas, 50 de particulares, 39 de universidades públicas e 12 de organismos públicos. Un dado a destacar: das 50 solicitudes presentadas por persoas particulaeres, 43 son de homes e só 7 de mulleres. Nas presentadas para rexistrar 'modelos de utilidade' por particulares (67), só 4 corresponden a elas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario