A MNL lembra que é a segunda vez que o comité de expertos da Carta europea das linguas rexionais e minorizadas lle saca ás cores a Feijóo.
É a segunda vez desde que Núñez Feijóo é presidente da Xunta que o Comité de expertos da Carta europa das linguas rexionais e minorizadas insta 'con firmeza' a que se garanta a prtección e promoción do galego, nomeadamente no ensino. Lembrábao Marcos Maceira, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, na comparecencia para valorar o informe do Consello de Ministros do Consello de Europa. “A vergoña que sentimos na Mesa por un informe tan rotundo como este, só se pode combater ampliando a acción nacional e internacional, que a Mesa realizou no 2015, para que o 2016 sexa o último ano dun decreto infame”, dixo. Da lectura do informe do Comité de expertos, apontou, despréndese que se están a incumprir “de xeito flagrante” acordos como o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega ou a Declaración de Unidade a Prol da Normalización” , impulsada pola Mesa e asinada por todos os partidos con representación parlamentar.A MNL, que durante a avaliación presentou ao Comité de Expertos un relatorio de incumprimentos da Carta, por primeira vez é o propio Consello de Ministros quen sinala nas súas recomendacións que a introdución dunha terceira lingua non pode ir en detrimento da propia.
“Desta vez non son só os avaliadores quen relatan a situación de extranxeirización que padece o galego no ensino, senón que tamén son os Ministros"O informe dos expertos sinala a dificuldade para obter “datos fiábeis sobre o galego no ensino e a falta de avaliación por parte da Xunta das consecuencias do decreto, un aspecto que contempla o propio decreto e que xa foi sinalado pola Mesa no recente informe sobre o galego na Educación Infantil nas cidades, ao que os expertos fan referencia”.
“Desta vez non son só os avaliadores quen relatan a situación de extranxeirización que padece o galego no ensino, senón que tamén son os Ministros quen fan a mesma recomendación que leva facendo a sociedade galega desde hai 6 anos a través das mobilizacións”, sinalou o presidente da Mesa. “Sen estas mobilizacións e sen toda a presión que se fixo dentro e fóra de Galiza non habería unha chamada de atención tan forte”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario