A institución entregará os 91 galardóns co gallo da festividade de San Tomé de Aquino
Case un cento de estudantes da Universidade de Vigo pasarán a engrosar o vindeiro 28 de xaneiro a nómina de alumnos e alumnas “extraordinarios”, integrada polos galardoados e galardoadas cada curso cos premios extraordinarios de grao, doutoramento e fin de carreira. Como paso previo á entrega destes recoñecementos, que terá lugar no acto que se celebrará o vindeiro 28 de xaneiro co gallo da festividade de San Tomé de Aquino, o Consello de Goberno celebrou este luns unha sesión extraordinaria na que aprobou outorgar un total de 91 premios: 50 de grao, 34 de doutoramento e sete de fin de carreira.Un curso máis as mulleres copan máis da metade dos premios, concretamente un 58%, fronte aos homes que recibirán o 42% restante. No caso dos premios extraordinarios de grao as alumnas recibirán un total de 30 e os alumnos 20, unha tendencia que se mantén nos caso dos tres campus de xeito que dos 28 galardoados en Vigo 15 son mulleres e 13 homes, mentres que dos 13 premios de Ourense oito son para mulleres e cinco para homes e en Pontevedra dos nove premiados, sete son mulleres e dous homes.
Nas teses doutorais, 21 premios recaeron en mulleres e os 13 restantes en varónsRespecto dos premios extraordinarios de doutoramento, 21 recaeron en mulleres e os 13 restantes en varóns. Por ámbitos, o número de premiadas tamén supera ao de premiados en todos os casos (sete mulleres e cinco homes en Ciencias, seis mulleres e dous homes no Xurídico-Social e seis mulleres e catro homes no de Enxeñaría e Arquitectura), agás no de Artes e Humanidades no que os catro galardóns se reparten por igual entre doutoras e doutores. É nos premios extraordinarios fin de carreira onde o número de homes é maior que o de mulleres, cinco fronte a dous, quedando distribuídos por campus do seguinte xeito: Ourense, un home e unha muller e Vigo, catro homes e unha muller.
os e os premiados recibirán como recoñecemento ao seu esforzo o vindeiro 28 de xaneiro no acto que se celebrará ás 12 do mediodía no salón de actos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais as medallas e insignias da Universidade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario