Para atender as demandas informáticas dos estudantes Acer
desenvolveu en colaboración con Microsoft o portátil
TravelMate B117, nacido como un equipo transportable, resistente, con boa
autonomía e cun desempeño suficiente para correr as aplicacións propias de
contornos educativos.
Tamén conta cunha característica bastante curiosa: unha luz LED na parte
externa da tapa do equipo que pode iluminarse en distintas cores, o que podería
indicar distintos estados en base a software para os equipos (dentro da
plataforma Acer TeachSmart) de xeito que os docentes poderían saber cando os
alumnos dunha aula que empregue estes equipos remataron as tarefas asignadas ou
incluso cando responden a unha pregunta con varias opcións (podendo asociar cada
resposta a unha cor distinta). Un elemento de interacción con bastante
potencial de converterse en estándar.
O TravelMate B117 ten un marco reforzado, cunha tira de goma que protexe ao
equipo de golpes e caídas, a bisagra da pantalla pode abrirse até 180 graos até
25.000 veces, a tapa soporta até 60 quilogramos de peso, o teclado é resistente
a derrames de auga accidentais, o seu grosor non chega aos 2,5 centímetros e o
seu peso tampouco supera os 1,36 quilos, de xeito que parece ideal para estudantes
que queiran cargar co equipo dun lado para outro con tranquilidade.
No que a prestacións técnicas se refire, terá opcións con procesadores Celeron
e Intel Pentium (pensando nun consumo moderado), contará con até 4 GB de RAM, a
súa pantalla queda nas 11,6 polgadas para conseguir un tamaño compacto, terá
opcións de disco duro interno ou almacenamento flash, o seu touchpad soportará
xestos táctiles de Windows 10, soporta conexións sen fíos Wi-Fi AC con 2x2
MIMO, inclúe un porto USB 3.0, outro USB 2.0 e saída HDMI de formato completo.
Os detalles sobre as configuracións e os prezos cos que chegará a España
detallaranse nos vindeiros meses, cando se anunciará a data de lanzamento
(prevista para a primeira metade do ano).
Ningún comentario:
Publicar un comentario