A Xunta vén de poñer a disposición pública o Digalego, un dicionario en liña con máis de 65.000 entradas, logo de llo mercar á editorial Ir Indo.
A Xunta de Galicia vén de poñer a disposición de toda a cidadanía Digalego.xunta.gal, un dicionario en liña de lingua galega con máis de 65.000 entradas. A iniciativa é posible grazas ao acordo acadado entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a editorial Ir Indo, que fixo posible que esta obra, á que a coñecida editorial lle dedicou máis de 20 anos de traballo e investigación, pase a ser propiedade da Administración autonómica.Respecto das súas utilidades, esta ferramenta desenvolve todos os verbos coa súa conxugación, ademais de considerar como entradas todas as formas verbais, e que recolle tamén (baixo o epígrafe “Repertorio de formas incorrectas”) unha serie de voces non admitidas en galego (castelanismos, estranxeirismos, vulgarismos, hiperenxebrismos etc.), que remiten á súa forma correcta. Tamén destaca o feito de que se poden buscar palabras partindo de entradas en portugués, castelán, inglés, alemán, francés e italiano e que mostra equivalencias neses mesmo idiomas ademais de en chinés.
Ningún comentario:
Publicar un comentario