A sociedade galega amosa características propias en certos hábitos de ocio e cultura.
Debido ás posicións pouco favorables que a nosa sociedade ocupa en canto a prácticas culturais no conxunto do Estado destacan precisamente unha serie de indicadores que nos sitúan por riba da media. Desde o interese por actividades creativas ou a concentración do gusto pola lectura, repasamos unha serie de cuestións que singularizan a nosa sociedade. Rematamos o noso repaso do informe sobre Hábitos e prácticas culturais (I).
Para alén de amosar o desinterese de galegos e galegas por moitos ámbitos do ocio e da cultura, o documento Hábitos e prácticas culturais (I)
que publicaba esta semana o Observatorio da Cultura Galega do Consello
da Cultura amosa tamén toda unha serie de indicadores nos que o galegos
destacamos fronte ao conxunto do estado. Se temos en conta que polo
xeral estamos detrás, e mesmo á cola, na maior parte dos hábitos
considerados, estas excepcións cobran especial importancia á hora de
entendermos como funciona a cultura no noso país.
A concentración lectora
Malia a estar por tras en xeral nos índices de lectura, destaca o feito de que os galegos que si len están entre os que máis apostan por esta actividade. É dicir, le menos xente, pero le moito. As cifras amosan unha lectura media de 4,9 libros por trimestre fronte aos 4,5 do Estado neste grupo. Do mesmo xeito, esta parte da poboación dedícalle máis tempo por día á lectura, nada menos 126 minutos, a segunda posición no ranking autonómico e 15 minutos por riba da media estatal. Estes datos semellan indicar que existe unha minoría moi activa a nivel de lectura, aínda que non abondo para nos tirar dos postos de cola en canto a compra, onde estamos como quintos que menos libros adquiren cun 29% de persoas que mercaron algún no último trimestre.
Atención aos medios
A atención aos medios de comunicación é un dos poucos ámbitos nos que os galegos sobresaímos sobre o conxunto do Estado. Un 86% da poboación sinala ler o xornal cando menos unha vez ao mes, fronte ao 78% da media estatal, mentres a falar de lectura diaria, un 45% dos enquisados teñen este costume, mentres no conxunto de España só o practican o 39%. A atender ao formato, somos os terceiros que máis interese teñen pola prensa en papel, pero estamos últimos en empregar Internet para ler as novas. Tamén a revistas conseguen un especial seguimento no noso país, cun 49% de poboación que adoita lelas fronte ao 42% estatal. Esta afección polos medios sitúa a lectura de prensa como actividade cultural máis seguida pola nosa poboación, mesmo por riba da escoita de música, que lidera os usos no conxunto do Estado. Ademais dos medios escritos, estamos tamén á cabeza no que a media de tempo de consumo televisivo se refire, con 193 minutos diarios de atención a este medio. En canto á radio, sen estarmos na cabeza de consumo, un 73% da poboación séguea a diario, e para o 76,9% é o principal medio para escoitar música.
Música, vídeos e concertos
Ao igual que acontece coa lectura, escoitar música tamén se presenta como unha actividade á que lle dedicamos moito tempo. Un 74,7% da poboación adoita escoitar música durante uns 160 minutos cada semana. Faino menos xente que no conxunto do estado (83,8%) pero dedícalle máis tempo (137,9 minutos de media estatal). Tamén amosamos un maior interese polos concertos (31,9%) do que no conxunto do estado (29,2). Destes, a música actual tamén chama máis a nosa atención do que na media, cun 28,5% de persoas que van ouvíla ao vivo fronte ao 24,5% do Estado. De xeito similar, o tempo dedicado a ver vídeos por aquelas persoas que o fixeron na última semana (un de cada tres galegos) tamén é superior á media, nada menos que 287 minutos á semana, 16 mais que na media estatal.
O interese polos arquivos
Imos máis aos arquivos. Aínda que non nos resultan especialmente interesantes (unha valoración de 2,2 sobre 10 puntos, parellos ás bibliotecas), o 8,2% da poboación visitou estas instalacións no último ano, un 2,6% máis do que a media estatal. De feito, somos segundos entre todas as autonomías con esta afección (minoritaria, iso sí) despois do 9,8% de Navarra e empatados cos rioxanos. Está por ver se este fenómeno ten algo que ver coa necesidade de comprobar antigos límites de herdades ou por algún interese nas xenealoxías familiares.
O potencial arqueolóxico
É tamén curioso o feito de contarmos con máis visitas a xacementos arqueolóxicos do que no conxunto do Estado, un 17,7% fronte a un 16,6%, o que contrasta co menor interese que espertan os monumentos na nosa poboación. Este tipo de actividade incrementouse en máis de 3 puntos a respecto de 2010-2011, tanto a nivel galego como estatal. No noso caso, podería estar relacionado coa grande cantidade de escavacións que se están a abrir ao público e da maior socialización que vive este tipo de patrimonio.
A creatividade
Se nalgunha cousa destacamos os galegos por riba da media estatal, aínda que sen grandes diferenzas, é na afección a determinadas actividades creativas. Destas, as máis habituais nos dous ámbitos son, por orde, a fotografía, o vídeo, a pintura e as artes plásticas. Así, dos galegos que realizaron actividades artísticas no último ano, atopamos que un 30,4% optou pola fotografía (fronte ao 28,9% de media estatal), un 15,2% traballou o vídeo (fronte ao 15%), un 11,6% optou polo debuxo (menos que no conxunto de España, onde foi un 13,7%) e un 9,4% seguir a senda doutras artes plásticas (fronte ao 8,3%). Para alén da pintura, unicamente a falarmos de danza, ballet e baile, flamenco e teatro aparecen cifras inferiores á media estatal. Case parella é a práctica da escritura, pola que optou o 8,9% das persoas que abordan actividades creativas no país, e mais a de tocar un instrumento, cun 8,4%, nos dous casos cifras superiores o 7,8% que presentan a nivel estatal. Aparece de xeito destacado o 5,3% de galegos e galegas que apuntan "outras actividades vinculadas á música" fronte ao 4% de media estatal. Se sumamos as tamén o 2,5% de afeccionados ao coro, temos un total dun 16,2% de persoas que, dentro das actividades creativas, optan por algún tipo de proposta musical, fronte ao 15,1% do estado. O que demostra que seremos unha nación de músicos, pero tampouco tanto, segundo estes datos.

Ningún comentario:
Publicar un comentario