A lingua é, como dixera Manuel María, a nosa chave para abrir as portas do mundoThaïs Morell abriu o encontro con Uxía, co xa ben coñecido Cantos na Maré. Comezou despois cunha canción do seu disco Amaralina, Vestida de Kenté, homenaxe á forza das mulleres. “Quem foi que disse que eu não sei dançar/ De noite-e-dia eu danço sem parar/ Quem é você pra me fazer sofrer/ Quem é você pra me fazer chorar/ Eu sou mais eu e venho te dizer/ Eu tô na minha e visto de Kentê”. Despois, un tema dedicado aos seus “musos”, -explicou-, Eles, e Passa, repassa, do seu primeiro disco, Cancioneira, un tema sobre a importancia de vivir o momento e tentar ser feliz. “Quem vive a vida, o presente, e quem sabe o que é o viver?/ Eu gosto tanto da vida que a vida é minha, eu consigo perceber/ E canto em todos os cantos, a alegria vem me bendizer/ Que a vida passa, repassa quem chora sem ter porque”.
O público, -que ateigaba, coma sempre no Cantos na Maré, o Pazo da Cultura-, xa cantara con Thaïs Morell, -desde a primeira canción-. Despois chegaron Uxía e Narf, que fixeron tres temas do seu proxecto conxunto Baladas da Galicia imaxinaria, froito dunha xira de ambos por Chile, Arxentina e Uruguai. Primeiro, Bos Amores, co poema de Rosalía de Castro. “E sin romor nin queixa, nin choros, nin cantares,/ brandos así e saudosos, cal alentar dos ánxeles,/ en nós encarnan puros, corren coa nosa sangre/ i os ermos reverdecen do esprito onde moraren”. Logo Encontrarte: “Non ouvira de ti/ non te chamaba/ e nin sequera te imaxinaba/ Mais hai algo en ti, algo en min/ Algo en nós que me di/ que te vou recoñecer/ no momento de verte” e Esta noite, “Oín dicir que non ías andar máis por aquí/ que querías voltar, voltar, voltar./ Pois non, meu irmán,/ foi simplemente un momento de abatimento/ pero xa tomei folgos…/Teño toda a forza pra loitar/ teño cada noite pra soñar e cada minuto pra lembrar/ quen eu son/ pra lembrar de onde eu son”.
O público, -que ateigaba, coma sempre no Cantos na Maré, o Pazo da Cultura-, xa cantara con Thaïs Morell, -desde a primeira canción-Uxía presentou os músicos da banda: Quiné, Paulo Silva, José Díaz, Roberto Comesaña e Paulo Borges, e Narf celebrou despois a forza das mulleres de Guiné, o seu compromiso e intelixencia, para presentar a Karyna Gomes. Ela contou que, cando Narf visitou Guiné, namorou de Cacheu, onde chorou de emoción. E con Cacheu comezou a actuación de Karyna con Narf, que seguiu con Mindjer i mame, do álbum Mindjer, que significa Muller e que está dedicado ás mulleres pola súa forza, determinación e coraxe. Despois veu Amor livre, tema de Zé Manel Fortes: “Teus olhos boiavam de mimos num mar de tranquilidade… quando nos amávamos e chovia lá fora, lágrimas escorriam dos teus olhos, foi profundo mas a alegria durou pouco porque está no teu sangue apenas um affair….”, antes de Terra di Galego, un dos momentos máis aplaudidos do concerto.
A guitarra de Narf xa o anunciaba, dalgunha maneira, mais chegou despois o rock con Jorge Palma e algunhas das súas cancións máis coñecidas, como Frágil, Só e Bairro do Amor, coas que o acompañou Uxía. Logo viñeron Dá-me lume, Portugal, Portugal e A gente vai continuar, con Narf. Dá-me lume foi outro dos momentos, se cadra, de maior intensidade do Cantos na Maré. E o ritmo seguiu subindo coa enerxía contaxiosa de Alceu Valença, quen trouxo Morena Tropicana, Como dois animais e Anunciaçao. Remataba o concerto, foran case dúas horas e soubera a pouco. Os bises foron Luar de Prata, de Alceu Valença con Uxía, Karyna e Thaïs e, coma sempre ao peche, Cantos na Maré.
Ningún comentario:
Publicar un comentario