Erguer. Estudantes da Galiza valora moi positivamente o éxito acadado na
folga estudantil deste xoves 24 de novembro, que tivo un 90% de
seguimento nos centros de ensino medio e unha gran participación do
estudantado nas dezasete mobilizacións conovacadas por Erguer en
distintas cidades e vilas do país, nas que saíron á rúa preto de 4 000
estudantes.
A responsábel de organización de Erguer, Iria Figueroa, afirmaba que a
loita contra a LOMCE non remataría con esta mobilización: “o ensino
medio seguirá en loita até que consigamos a derrogación da LOMCE, non
nos valen as mensaxes confusas que lanza Rajoy á sociedade dando a
entender que non haberá máis reválidas, mentres lexisla en sentido
contrario, marcando cando comezarán a ter valor académico. Non pararemos
aquí e seguiremos en constante loita até que consigamos tumbar esta lei
que atenta contra o ensino público galego. Conseguimos importantes
avances a través da mobilización e da autoorganización do estudantado e
cremos que seguir nesta liña será o que nos leve a acadar a definitiva
derrogación da LOMCE, para así comezar a camiñar cara a construción dun
ensino público deseñado por e para o noso país, no que a comunidade
educativa galega teña voz”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario