Unha delegación da MNL expuxo a representantes do parlamentar popular a necesidade de que se cumpran os acordos mínimos en relación ao idioma propio de Galiza.
A Mesa instou a PP a mudar a actitude da Xunta con relación ao galego. Unha delegación da MNL reuniuse con César Manuel Fernández Gil e Antonio Mouriño,
do grupo parlamentar popular, para expoñerlles a necesidade de que se
cumpran os acordos mínimos en relación ao galego, contemplados no Plan
Xeral de Normalización da Lingua Galega de 2004, sobre o que, segundo
indicou a entidade en defensa do galego, non só non houbo avances
senón que houbo importantes retrocesos.
Os representantes da Mesa, Marcos Maceira e Mónica Pazos, lembraron ademais que até o de agora non houbo ningunha avaliación do Parlamento en relación ao cumprimento do PXNLG. Entre os retrocesos respecto ao PXNLG a Mesa destacou o mal chamado decreto de plurilingüísmo cos limites ao uso do galego nas materias da área científico-técnica, acrecentada coa apliación da LOMCE que reduce aínda máis a carga lectiva en galego.

Ningún comentario:
Publicar un comentario