martes, 8 de novembro de 2016

A RAG celebrará este mes en A Coruña un simposio sobre a vida e a obra de Manuel María

A Real Academia Galega (RAG) celebrará os próximos 22, 23 e 24 de novembro un encontro que abordará a vida e a obra de Manuel María a cargo dunha vintena de expertos en distintos aspectos do autor protagonista do Día das Letras Galegas este ano, segundo informa a institución galega.

O simposio continúa a conmemoración do ano dedicado ao poeta cun programa, aberto a todo o público, no que mesas de debate comparten cartel con recitais dos versos de Manuel María e que concluirá coa proxección dun documental sobre o homenaxeado, titulado 'Eu son fala e terra desta miña terra', da académica Margarida Ledo Andión.
Todas as actividades se desenvolverán na sede da RAG. O simposio comezará o día 22 coa presenza do membro desta institución e tamén amigo persoal do poeta Darío Xohán Cabana, que pronunciará a conferencia inaugural. Posteriormente, haberá unha mesa de debate sobre aspectos da obra poética de Manuel María.
O programa do día seguinte inclúe unha conferencia de Camilo Gómez Torres, sobre 'Manuel María: biografía e creación' e unha mesa debate, moderada polo académico Henrique Monteaguado, na que se falará sobre a obra narrativa e xornalística do escritor galego. Tamén se abordarán cuestións como a relación entre a poesía e a política na súa obra.

Ningún comentario:

Publicar un comentario