Nesta liña, no informe apúntase a que a convivencia con nenos e xente nova dispara a dispoñibilidade de ordenador e ten unha influencia positiva na contratación de Internet. De feito, saliéntase que “a presenza de nenos en idade escolar no fogar incrementa a dispoñibilidade de Internet en 22,6 puntos porcentuais respecto dos fogares onde non conviven con nenos”.
O estudo, asemade, destaca que o uso de ordenador nos últimos tres meses entre os mozos galegos acada ao 91,4% da mocidade galega e supera en 24,5 puntos porcentuais a media autonómica. Por outra banda, a convivencia con nenos en idade escolar tamén fomenta o emprego de computadora (80,5%), superando en 13,6 puntos á media xeral e en 18,5 puntos porcentuais aos fogares onde non conviven nenos.
Por outra banda, o uso de Internet entre os mozos con idades comprendidas entre os 16 e 34 anos é “practicamente universal”, sinálase, engadindo que neste punto dáse unha taxa do 96%. Nun plano máis concreto, o comercio electrónico acada neste treito de idade unha presenza do 45%, cun incremento de 10,6 puntos porcentuais no último ano.
Respecto dos motivos para non contarmos con Internet no noso ámbito familiar, o informe sinala que o principal argumento son “os altos custos, tanto de conexión (57,5%), como dos equipos (49%)”. Nos fogares sen presenza de nenos, o principal motivo para non contratar Internet é “a percepción de que non lles resulta útil nin interesante (68,7%)”. No caso de que no fogar residan mozos estudantes maiores de 16 anos, o motivo principal é que dispoñen de conexión noutro lugar (60,3%), seguido dos altos custos de conexión (51,3%).
Ningún comentario:
Publicar un comentario