Suprime o control vaise desenvolver ao longo deste primeiro curso académico en 14 centros educativos e terá continuidade nos cursos 2017-2018 e 2018-2019. Despois de se impartir en Frades, Cabana de Bergantiños e Vedra, será o mes de novembro, en que se conmemore o Día Internacional contra a Violencia de Xénero, o que concentre máis accións do programa que visitará os centros de ensino de once concellos.
O programa, sinala a Deputación, destínase ao alumnado de 3ª e 4ª da Educación Secundaria Obrigatoria, as súas familias e ao profesorado. Baséase en ofrecer ferramentas coas que “traballar pola construción de identidades igualitarias” facendo unha especial crítica ás violencias machistas na adolescencia e á súa reprodución na actualidade por medio das aplicacións móbiles ou as redes sociais.
Segundo fixo saber os días pasados Ánxela Franco, responsábel da devandita Área, o programa adicará especial atención ao papel das novas Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) como ferramentas de relación entre a mocidade “poñendo ao seu dispor unha asesoría en liña continuada para resolver dúbidas”. Na Rede, ademais, desenvolveranse accións diversas de divulgación, como por exemplo un concurso en Instagran, que se promoverá de cara ao 25 de novembro, Día contra a Violencia de Xénero. Instagram sen machismo trasladará á esta rede social (segundo a Deputación “unha das comunidades en liña máis populares entre a poboación adolescente”) as conversas sobre violencias machistas dinamizadas nas aulas.
Por outra banda, de cara xa o 8 de marzo, desenvolverase un concurso de micro-relatos que abordará os distintos puntos de vista e preocupacións da mocidade sobre as violencias machistas.
Estas iniciativas súmanse a outras que anualmente convoca a área de Benestar Social, Educación e Políticas de Igualdade de Xénero como o concurso Concepción Arenal de proxectos de igualdade e prevención de violencia de xénero para centros educativos ou o concurso de guións dirixido á poboación adolescente que ten como un dos premios a edición do proxecto coa axuda de profesionais.
Calendario do mes de novembro
Día 2- Concello de Trazo. Viaño Pequeno
Día 3- Concello de Touro. CPI Plur. Fonte de Díaz
Día 7- Concello de Malpica. IES Urbano Lugrís
Día 8- Concello de Cerceda. CPI O Cruce.
Día 9- Concello de Ponteceso. IES Ponteceso
Día 9- Concello de Boimorto. CPI Armando Cotarelo.
Día 11- Concello de Dodro. CPI Plurilingüe Eusebio Lorenzo Baleirón.
Día 15- Concello de Tordoia- CPI Pecalama
Día 17- Concello de Arzúa- IES Arzúa.
Día 18- Concello do Pino- CPI Camiño de Santiago.
Día 24- Concello de Mesía- CPI de Xanceda.
Ningún comentario:
Publicar un comentario