Estudantes de África, Europa, América ou Asia participan esta semana na V Edición do 'International Day', unha xornada na que estudantes estranxeiros que estudan na Universidade de Santiago de Compostela (USC) intercambiarán experiencias sobre programas de mobilidade no ámbito da educación, voluntariado ou educación non formal.
A xornada terá lugar este xoves, día 10 de novembro, dende as 11,30 horas ata as 18,00 horas na Facultade de Xeografía e Historia. Neste espazo, o 'International Day' reunirá máis de 100 expositores de China, México, Polonia, Venezuela, Colombia, Francia, República Checa ou República Eslovaca, entre outros. Ademais, o xoves 17 terá lugar na Facultade de Veterinaria de Lugo.
En cada 'stand', os estudantes presentarán aos seus respectivos países de orixe e incidirán nos aspectos que consideren máis significativos, evocativos ou ilustrativos: características xeográficas, estilo de vida, a gastronomía a través de exemplos que poderán degustrarse 'in situ', e a vida estudantil nas universidades de procedencia.
Esta é unha iniciativa que organiza a asociación Erasmus Compostela xunto coa Vicerrectoría de Internacionalizacíon da USC e a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.
Ningún comentario:
Publicar un comentario