CIG-Ensino acusa o departamento de vulnerar a Lei de normalización lingüística ao “utilizar topónimos deturpados e ilegais”.
De 'Rianjo' a 'Piedrafita del Cebrero' e de 'Vivero' a 'Ginzo de Limia'. Procurar os centros de ensino de Galiza a través do mapa localizador da Consellaría de Educación
é abrir a porta a toda canta deturpación de topónimos un poida
imaxinar. Desde aquelas deturpacións máis habituais, como pode ser 'La Coruña', até outras que semellaban desaparecidas, como 'Valle de Oro' ou 'Piedrafita del Cebrero'. A CIG-Ensino
denuncia que a Consellaría “vulnera a Lei de normalización lingüística
no seu portal web, ao utilizar para a localización dos centros de ensino
mapas que deturpan topónimos e que son utilizados na súa forma ilegal,
barbaramente españolizados”.
Tuy, Bayona, Sanjenjo, Villagarcía, Noya, Rianjo, Puentecesures, Carballino, Allariz, Orense, Ginzo de Limia, Piedrafita del Cebrero, Puerto Marín, Villalba, Valle de Oro, El Ferrol, La Coruña, Arteijo, Lage,.. son algúns dos topónimos que figuran nese localizador
Para o secretario nacional da CIG-Ensino, Anxo Louzao, a actitude da Consellaría neste aspecto: “vai máis alá do desleixo e do máis absoluto desprezo. É incríbel que a mesma Consellaría que integra a Secretaría Xeral de Política Lingüística e ten o cometido de velar pola nosa lingua manteña esta imaxe pública vergonzosa”.
A CIG-Ensino denuncia que a Consellaría de Cultura e Educación incumpre o artigo 10 da Lei de normalización lingüística que prescribe claramente que “os topónimos de Galiza terán como única forma oficial a galega”.

Ningún comentario:
Publicar un comentario