O acordo entre o Ministerio de Educación e a maioría de comunidades autónomas polo que se modifican as 'reválidas' para volver a un modelo similar á selectividade suscitou as primeiras reaccións entre as asociacións e movementos estudantís, que atribúen o cambio de rumbo á mobilización social en contra da Lomce.
O sindicato 'Erguer!' destacou nun comunicado colgado na súa páxina web que a supresión destas medidas son "un paso máis dos alcanzados pola loita do movemento estudantil, a pesar de que o cambio "chega tarde" e "a seis meses" de finalizar as clases de 2º de bacharelato.
Así mesmo, advertiron que esta modificación "é soa un parche", pois a supresión "ten que ser definitiva" e vir da man da "derrogación" da Lomce.
O Sindicato de Estudantes, pola súa banda, celebrou que este cambio mostra que "a loita serve", recordando que chega "a tan só uns días da última folga xeral estudantil", a segunda deste curso celebrada en todo o Estado.
"Coa organización e a loita nas rúas si se pode vencer e botar abaixo os recortes e os ataques do PP. Esta é a primeira vitoria, agora a batalla continúa para acabar coa LOMCE ao completo", sinalaron.
Ningún comentario:
Publicar un comentario