Colabora coa CIG-Ensino e a Associação de Docentes de Português na Galiza na introdución do ensino do portugués no teu centro.
Actualmente, o portugués é ofertado
para o seu estudo en 60 centros públicos da Galiza.. Moito pouco, tendo
en conta que hai 341 centros públicos e máis de 130.000 alumnos e
alumnas de ESO e Bacharelato no ensino público. Todas e todos os galegos
deberiamos ter uns mínimos coñecementos desta lingua, dada a nosa orixe
cultural e lingüística común
e a necesidade de coñecemento
mutuo cara un futuro que ten que aproximarnos máis, para alén das
relacións económicas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario