luns, 2 de maio de 2016

Maruja Mallo e Pascual Veiga, entre as candidaturas para o Día das Artes Galegas 2017

A DECISIÓN ADOPTARASE O 28 DE MAIO

A Real Academia Galega de Belas Artes terá que decidir entre Carlos Maside, Laxeiro, Maruja Mallo, Antón Faílde, Pascual Veiga e Jesús Val i Gay a quen lle dedica o Día das Artes Galegas de 2017. O artista homenaxeado neste 2016 é Castelao.

O plenario da Real Academia de Belas Artes, que se reuniu na mañá do sábado na súa sede da Coruña, recibiu un total de sete propostas para o Día das Artes Galegas en 2017.
Segundo puido coñecer Sermos Galiza, o homenaxeado ou homenaxeada do ano que vén atópase entre as seguintes persoas: os pintores Carlos Maside (proposto pola Asociación de Amigos Carlos Maside), Laxeiro (proposto pola Fundación Laxeiro), Maruja Mallo (proposta pola Galería 30), o escultor Antón Faílde e os músicos Pascual Veiga, compositor da partitura do Himno galego, (proposto pola Real Academia Galega) e Jesús Val i Gay (proposto polo Consello da Cultura Galega).
A decisión final coñecerase o 28 de maio, nun novo plenario da Real Academia Galega de Belas Artes, que este 2016 homenaxea Castelao como artista a quen se lle dedica o Día das Artes Galegas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario