venres, 20 de maio de 2016

Lingua de dous

Este 17 de maio estiven no pais, celebrando a lingua, non na Quintana, senón no meu eido. Crónica de catro días. 

Poucas veces coincide que poida estar no dia do galego en Galicia. Nesta ocasión aliñáranse as estrelas, ponte en Bélxica e voo directo a Santiago polo que alo fun co meu fillo de tres anos.  Sendo consciente de que non se debería involucrar a menores no eido da opinion pública non son quen de explicar doutro xeito o que coma pai e galegofalante supón esta data.
Estou a criar un neno galegofalante no estranxeiro. Estritamente nin iso xa que a lingua da nai e o inglés e na escola falase francés , e a partires dos seis anos obrigatoriamente tamen o holandés. Como se pode agardar mais de catro veces nos catro días que botei en Galicia houbo quen me preguntou como se me ocorría non educar o fillo en español, ou mesmo en inglés. Vese que en calquera cousa menos en galego.
Cada vez que collemos o avión de volta e una sensación agridoce semellante, Se ben o ir para embarcar da gusto facelo nunha compañía coma Vueling que, hai que dicilo, ata a tarxeta de embarque cha dan en galego e que mesmo en galego che falan (algúns) do persoal de abordo, cousa inaudita hai anos, por outra dáste de conta que , aparte dalgún grupo de mariñeiros no seu cuarto e voo de enlace desde o Indico, os únicos en falar galego es ti e mais o teu neno. No seu caso aínda e un dicir xa que con tres linguas malamente se apaña a facer de momento mais ca un collage lingüístico en cada frase. Aínda así con cada nova palabra que aprende na lingua nai, verbas coma “marchou”, “auga”, “vermello”, "nai",  pasan a unha nova xeración dan esperanza de que si, o final o noso país ten solución.

Claro que so hai que mirar a arredor para ver que iso non e así. O neno vai subindo as escaleiras e contando “un”, “dous”, “tres”, e non hai quen falte para soltar o comentario paternalista “en gallego mira tu que bien

”. E aínda así teno a sorte de vir dun entorno totalmente galegofalante , nesa inmersión lingüística que , din algúns, esta ben para segundo que linguas e tan mal para outras  coma a nosa. Na mina casa so se fala galego, a TVG e a canle que mais se mira. Mais non e mais ca unha burbulla; a miña e a primeira xeración, a da democracia, onde o galego xa foi minoritario coma lingua materna. Se na minha fomos aínda unas ducias de miles, na do meu fillo son pouco mais ca uns centos. Vese na mina aldea, antes terra de labregos, mariñeiros e homes da madeira, onde agora os fillos dos ex-empregados da construción falan case todos nun mal español.  Mais doloroso aínda e constatar coma o cáncer do español tamén chega a túa propia familia. Sendo tan pequeno aínda non se da conta pero en breve estrañarase porque todos os nenos cos que xoga na aldea, non digamos xa na vila, non falan coma el, so o fan os avos e a xente maior. A perda da inocencia para un neno galegofalante comeza cedo.

Tamén nesta visita coma noutras anteriores prodúcese o momento incomodo ao atoparte con xente da túa quinta, pais tamén, e constatar que ti vivindo no estranxeiro non es o elo feble dunha cadea demais de mil anos e eles vivindo aquí non son quen. A autoxustificacion, non verbalizada, que para iso somos galegos, e que eu debo ter non sei que militancia ideolóxica . Así, reducido a etiqueta fácil a conciencia esta tranquila.  Tamén por incomodidade foise perdendo contacto con algúns compañeiros de estudos e militancias, mais ben lúdicas, en prol da lingua, ante a evidencia  que seguramente eles tamén pasaron polo rodilllo de educar os seus fillos en español. Ou non ter nunca en Bruxelas xuntado o meu fillo cos da mesma idade dalgún moi bo amigo español, pois seguramente non entendería que o neno non falara (de momento) a súa lingua. Criar a un neno galegofalante hoxendia e case coma se fose unha tarefa clandestina. 
E non me queixo porque os meus amigos galegos de Bruxelas, malia seren todos castelanfalantes teñan o detalle de falarlle o neno en galego, para que non sexa so eu a facelo, e mesmo os meus amigos portugueses, seguramente vencendo mais dalgún prexuízo ancestral luso, de non falarlles en español. Tamén a abundancia de libros e mesmo audiovisual en galego e paradoxicamente moito maior ca nunca. Aínda así da reparo ver que a TVG2 pon os mesmos debuxos ca cando eu era neno (e que non se pode ver fora de Galicia) , a Son Galicia Radio so esta en internet e ten mais  de fio musical folclórico ca emisora (cando a Radio Galega Música e unha copia de Cadena Dial) . Con todo non e competencia con Clan, ou as ducias de canles pra nenos que temos en Bélxica, por non falar do Youtube en inglés. Mais ca ser unha lingua que falan un millón coma o Estonio temos os recursos dunha lingua case morta coma o Gaélico.
Aínda así , malia o convencemento que non serei eu o elo feble da cadea milenaria que une un galego con outro cabe esperar que o neno cando se converta xa nun adolescente e os meus país xa non estea , pensara, visto como vai Galicia, ese sitio dos verans da infancia, que todo non foi mais ca unha ocorrencia romántica un tanto hippy do pai. Se seguimos en Bélxica daquela, cando chegue  momento de renegar dos país e buscarse unha identidade propia seguramente atopara refuxio no pseudointelectualismo barato e o glamour decadente desa francófonia surrogada dese pais. Ademais en frances mazara moito mais ca en galego. Bases esas comparativamente mais sólidas ca incerta identidade que lle pode ofrecer o pai, identidade  que vive que vive mais nas obras pasadas de homes e mulleres que quixeron e sonaron cun país diferente ca desleixada realidade que se atopara, mais e mais, cada vez que vaia a Galicia.
Voando de volta, aproveitando que estaba a ver uns debuxos no portátil (en ingles) tiven tempo de ler o suplemento galego de El Mundo, antes chamado El Correo Gallego, do 17 de maio. O típico, portada en galego, algún artigo tamén pero o que me chamou mais a atención e os columnistas e o suplemento a Manuel María.  Os primeiros logo de xogos florais o que acaban salientando e a defensa o dereito sacrosanto a falar español, no segundo chama a atención como se pode embalsamar tan rápido, so dez anos logo da súa morte, no lirismo da cultura galeguista oficial a un home dunhas ideas e militancias tan marcadas coma o homenaxeado deste ano. Pero eis e o país que temos.

Coma os galegos somos de causas individuais ca esforzos colectivos eu seguirei facendo o correcto, alomenos coa mina propia descendencia. Cousa será da próxima xeración de asegurar unha primavera mais a lingua galega.  #OIdiomaEaVida
 Por Serafin Pazos

Ningún comentario:

Publicar un comentario