Segundo está a constatar a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino
Público (PGDEP) vén de constatar que o rexeitamento á reválida de 6 º de
primaria mesmamente se veu incrementado en moitos centros no día de
hoxe o que supón un verdadeiro éxito ao chamamento que vimos facendo
para que non se realicen estas probas lesivas para unha educación de
calidade e innecesarias e discriminatorias para o alumnado. Con estes
datos o alumnado que non fixo a reválida de 6º no ensino público supera o
80% véndose todos os centros afectados.
Chama poderosamente a atención que a Consellaría de Educación
non sexa minimamente receptiva a este clamor social e continúe adiante
coas reválidas. Con este despropósito de Goberno, ademais de
despilfarrar diñeiro público e recargar ao profesorado e aos centros de
traballo estéril, estase sometendo ao alumnado a unha presión
totalmente innecesaria.
A PGDEOP esixe ao presidente da Xunta que tome cartas no asunto e que paralice a realización destas probas de 3 º de Primaria previstas para os días 24 e 25 de maio. Do contrario, máis unha vez, estariamos ante un novo acto de desprezo ao ensino público ao profesorado ao alumnado e as familias. Do contrario, a PGDEP continuará facendo un chamamento ás familias para que o alumnado non faga as probas de 3º e desacreditar definitivamente a LOMCE e as reválidas e a LOMCE, xa que supoñen desbotar a avaliación continua, avaliar exclusivamente con estándares uniformizadores, sen considerar a educación como un proceso no que hai que ter en conta as circunstancias tanto persoais como socioeconómicas do alumnado, pretenden conformar rankings de centros e son unha aberración pedagóxica.
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino quere agradecer unha vez máis ás familias o seu compromiso pola defensa dun ensino público de calidade e a oposición ás reválidas.

Ningún comentario:
Publicar un comentario