A
Asociación PuntoGal quixo aproveitar que o vindeiro día 17 é o Día das Letras
Galegas e o Día da Internet para ofertar tanto o
rexistro como a renovación de dominios .gal a un prezo máximo de 20 euros + IVE
entre os rexistradores adheridos á promoción (Dinahosting, 101 Domain, Entorno
Digital, Soluciones Corporativas IP, CdMon, Nominalia, 1&1 Internet, Arsys
e Host Europe), o que supón un claro incentivo para o rexistro de nomes de dominios
que reflictan á nosa sociedade, á vez que tamén favorece que as entidades e
particulares que xa teñen un dominio deste tipo activo aposten por mantelo.
Actualmente existen máis de 3.000 dominios .gal activos, cantidade bastante modesta,
que significa que aínda hai numerosos nomes de dominio atractivos libres, polo
que continúa a ser moi atractivo optar polo rexistro de dominios .gal.
Esta campaña promociónase baixo o lema “Este mes temos dominio do bo tempo” e
coincide coa celebración do segundo aniversario da activación da primeira
páxina web creada baixo o dominio .gal. Dende a Asociación PuntoGal a súa
directora xeral, Edita de Lorenzo, destaca que non será a única promoción que
se desenvolverá para fomentar o rexistro e uso de dominios .gal, destacando que
“estamos traballando por informar da importancia para as nosas empresas e
demais entidades en facerse visible na Rede”, para o que o sufixo galego pode
resultar de grande utilidade, contribuíndo ao mesmo tempo a salientar o lugar
de sociedade galega na Internet.
Ningún comentario:
Publicar un comentario