Segundo os dados da Plataforma, por volta do 82% do alumnado non asistiu ás aulas, o que supón un maior seguimento do boicote que nas probas de 6º curso.
Esta terza feira (24 de maio) comezou a desenvolverse a proba de avaliación entre o estudantado de 3º de Primaria. A Plataforma galega en defensa do ensino público, que reiterou o chamamento ás familias para que non leven as crianzas á escola durante estes exames, asegura que o índice de absentismo se sitúa por volta do 82% o que suporía un repunte de participación no boicote a respeito das probas de 6º de Primaria.
Así mesmo, desde a Confederación de ANPAS Galegas, Fernando Lacaci, sinalou que a ausencia de estudantes desautoriza totalmente ao conselleiro, cando fala de manipulación das familias”. A este respecto lembrou que máis do 80% das familias “non pertencen a unha ideoloxía, a un partido político, non son seguidores dunha única consigna. Cando falamos desas porcentaxes estamos falando dunha multiplicidade enorme de persoas que están de acordo nunha única idea: a LOMCE é unha lei que nin queremos, nin necesitamos”.
“Son probas que conducen ao alumnado a entrar nunha competición e que converten os centros de ensino en centros competitivos no canto de centros educativos”, denunciou Louzao polo que instaron, máis unha vez, a Educación a retirar as probas e ao goberno español a derrogar a LOMCE.
A Plataforma ve nas cifras de seguimento a "evidencia máis palpábel do rexeitamento clamoroso" á LOMCE e as reválidasNunha concentración diante da Consellaría de Educación, en Compostela, Anxo Louzao, portavoz da PGDEP asegurou que as cifras de seguimento son "a evidencia máis palpábel do rexeitamento clamoroso que suscitan a LOMCE e as reválidas".
Así mesmo, desde a Confederación de ANPAS Galegas, Fernando Lacaci, sinalou que a ausencia de estudantes desautoriza totalmente ao conselleiro, cando fala de manipulación das familias”. A este respecto lembrou que máis do 80% das familias “non pertencen a unha ideoloxía, a un partido político, non son seguidores dunha única consigna. Cando falamos desas porcentaxes estamos falando dunha multiplicidade enorme de persoas que están de acordo nunha única idea: a LOMCE é unha lei que nin queremos, nin necesitamos”.
“Son probas que conducen ao alumnado a entrar nunha competición e que converten os centros de ensino en centros competitivos no canto de centros educativos”, denunciou Louzao polo que instaron, máis unha vez, a Educación a retirar as probas e ao goberno español a derrogar a LOMCE.
Ningún comentario:
Publicar un comentario