CIG-Ensino e o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galiza (COPG) amosan o seu rexeitamento á instalación destes dispositivos e instan a educar en valores.
A Consellaría de Educación inclúe no protocolo de protección de dados
que presentou ao Consello Galego da Convivencia unha seríe de pautas á
hora de introducir cámaras de video-vixianza nos centros de ensino. Este
documento visa regular, entre outras cuestións, a instalación destes
dispositivos en escolas e institutos como ferramenta contra o acoso
escolar ou bullying.
O propio protocolo, de facto, prevé que cada centro determine no exercicio da súa "autonomía" sobre a instalación de cámaras de acordo, sinalan desde a Xunta coa lexislación actual disposta pola Axencia de Protección de Datos. Así pois, para alén de "motivos de seguridade" no centro --como até o de agora prevía a lei como suposto para a implantación destes dispositivos "enténdese agora que tamén se poden instalar este tipo de sistemas como prevención de danos aos menores de idade, como pode ser para evitar e aclarar posíbeis situacións de maltrato físico, verbal ou psicolóxico, coa base da necesaria supremacía do interese superior do menor, que proclama a normativa de protección xurídica do menor", recolle o protocolo da Xunta.
Control
Así as cousas, prevé "cautelas adicionais" de se colocaren para tales efectos como que as cámaras só sexan instaladas en "zonas comúns" como o patio ou o comedor "mais nunca nas aulas", "vestiarios" ou "ximnasio"; á reprodución das imaxes só poderá ter acceso a dirección ou a persoa designada para tal fin ou mesmo a posibilidade de reducir dun mes a 10 días o período de conservación das capturas.
Educar en valores
Desde o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galiza (COPG) rexeitan a medida "debido principalmente á súa falta de eficacia á hora de previr o acoso escolar", sinalan nun comunicado de imprensa.
"O medio principal e o máis axeitado para a prevención da violencia nas aulas é a través da educación e recursos como as gravacións poden resultar incluso contraproducentes", acrecentan. Aliás, amosan a súa preocupación polo que suporá para o "dereito á protección da intimidade do alumnado, xa que existe unha liña moi fina entre a seguridade e a intimidade; sendo a protección da súa intimidade parte fundamental da seguridade que hai que garantirlles como menores que son".
No número 182 do semanario en papel publicamos unha reportaxe intitulada 'Violencia entre iguais nas aulas' no que afondamos no bullying mais tamén na escola como transmisora de valores emocionais.
Educación di que estes dispositivos serán "unha axuda" para "prever" e "facer seguimento" de casos de bullyingNeste senso, o propio conselleiro, Román Rodríguez, sinalou recentemente nun acto público as cámaras "van posibilitar unha axuda para o profesorado e para os equipos directivos, coa que poidan prever e sobre todo poder facer un seguimento deste tipo de problemas nos centros educativos". Porén, a comunidade educativa non partilla a visión do responsábel de Educación.
O propio protocolo, de facto, prevé que cada centro determine no exercicio da súa "autonomía" sobre a instalación de cámaras de acordo, sinalan desde a Xunta coa lexislación actual disposta pola Axencia de Protección de Datos. Así pois, para alén de "motivos de seguridade" no centro --como até o de agora prevía a lei como suposto para a implantación destes dispositivos "enténdese agora que tamén se poden instalar este tipo de sistemas como prevención de danos aos menores de idade, como pode ser para evitar e aclarar posíbeis situacións de maltrato físico, verbal ou psicolóxico, coa base da necesaria supremacía do interese superior do menor, que proclama a normativa de protección xurídica do menor", recolle o protocolo da Xunta.
Control
Así as cousas, prevé "cautelas adicionais" de se colocaren para tales efectos como que as cámaras só sexan instaladas en "zonas comúns" como o patio ou o comedor "mais nunca nas aulas", "vestiarios" ou "ximnasio"; á reprodución das imaxes só poderá ter acceso a dirección ou a persoa designada para tal fin ou mesmo a posibilidade de reducir dun mes a 10 días o período de conservación das capturas.
O protocolo impide a colocación das cámaras nas aulas, vestiarios ou ximnasio e prevé a instalación en zonas comúns"Parécenos unha barbaridade", di Anxo Louzao, secretario nacional da CIG-Ensino en conversa con Sermos Galiza. "Son centros educativos e non se educa vixiando, é tremendo", subliña ao tempo que advirte dos riscos de "pisar dereitos" en aras "do control". "Que é, unha prisión de alta seguridade?", pregúntanse desde a CIG-Ensino.
Educar en valores
Desde o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galiza (COPG) rexeitan a medida "debido principalmente á súa falta de eficacia á hora de previr o acoso escolar", sinalan nun comunicado de imprensa.
"O medio principal e o máis axeitado para a prevención da violencia nas aulas é a través da educación e recursos como as gravacións poden resultar incluso contraproducentes", acrecentan. Aliás, amosan a súa preocupación polo que suporá para o "dereito á protección da intimidade do alumnado, xa que existe unha liña moi fina entre a seguridade e a intimidade; sendo a protección da súa intimidade parte fundamental da seguridade que hai que garantirlles como menores que son".
O medio principal e o máis axeitado para a prevención da violencia nas aulas é a través da educaciónPara alén diso, desde o COPG chaman a "reflexionar" tamén sobre as "consecuencias" que carrexaría a implantación xeralizada da destes dispositivos nos centros educativos "é moi posible que o alumnado remate “comportándose ben” por mor da presenza das cámaras, máis que por teren integrados na súa ética persoal unha serie de valores de respecto e convivencia" polo que apelan a "educar en valores desde a liberdade e a responsabilidade", en troca de vixiar.
No número 182 do semanario en papel publicamos unha reportaxe intitulada 'Violencia entre iguais nas aulas' no que afondamos no bullying mais tamén na escola como transmisora de valores emocionais.
Ningún comentario:
Publicar un comentario