xoves, 19 de maio de 2016

Deben facer os nenos deberes durante as vacacións?

Coas vacacións escolares á volta da esquina, moitos pais comezan a preguntarse como enfocar a educación dos seus fillos durante os períodos de vacacións. Os que aposten polos cadernos de reforzo, descubrirán que non hai case material en galego. 

Unha pregunta moi frecuente é se “debo marcar material escolar para establecer un horario de deberes para que os nenos non perdan a rutina de estudio”? As opinións dos expertos ao respecto están divididas.

Por exemplo, Catherine L’Ecuyer argumenta que os nenos que van ao ensino infantil non deben ter deberes no verán. A escritora de Educar dende o asombro cre que nesta etapa é prioritario que os cativos aprendan dun xeito natura, non con horarios, deberes, etc.
Polo contrario, a experta considera que os beneficios dos deberes estivais poden ser útiles para alumnos maiores, especialmente de Primaria e Secundaria no caso de que tiveran problemas nalgunhas materias. Un reforzo no verán que logre aumentar o seu nivel reduciralles o necesario tempo de xogo, pero ao mesmo tempo repercutirá na mellora da súa autoestima, ao comprobar en setembro que xa non están máis atrás que outros rapaces.
No que coinciden a maioría de expertos é que o típico “caderno de reforzo” é un formato axeitado, como proba a súa lonxevidade no mercado. As súas avantaxas pasan por presentar os contidos do curso recén rematado nun formato diferente aos libros, moito máis sintético, cun enfoque práctico e que permite completar  períodos de traballo curto tras o cal o rapaz pode demostrar os seus avances aos seus proxenitores, o que -co reforzo afectivo adecuado- reforzará a súa confianza en si mesmo.
Aqueles pais que aposten por tratar -conseguir xa é outro conto- que os seus rapaces estuden no verán farán ben en consultar ofertas nalgunha das moitas papelería online, pois estes comercios electrónicos a miúdo ofrecen mellores ofertas e un catálgo moito máis diverso que as tradicionais tendas físicas.
Nelas, como por exemplo Papelería Distrimar, pódese atopar a prezos moi axeitados -dende menos de un euro por cada exemplar- clásicos do estudio de verán como, por exemplo, os míticos Cuadernos Rubio. Son libretas moito máis especializadas e diversificadas que as coñecidas hai unhas décadas, porque ademais da caligrafía, incorporán problemas matématicos, estimulación da memoria e outros contidos adaptados as diferentes idades e coñecementos dos nenos.
No eido lingüístico, sinalar que Rubio incorporou hai anos o catalán ao mercado dos chamados “cadernos de reforzo”. Lamentablemente, a lingua galega aínda non está presente neste nicho de mercado, máis alá dalgunhas fichas nalgún blog; o que supón unha oportunidade potencial para algunha editorial.

1 comentario:

  1. Moitas grazas pola información. Outra tenda de artigos de papelería en liña onde hai cadernos Rubio e Lamela con prezos moi bos é "ofistore"

    Saúdos

    ResponderEliminar