A Plataforma galega en defensa do ensino público criticou unhas contas minguantes que se traducen nun ensino en deterioro.
A Plataforma galega en defensa do ensino público denunciou que os orzamentos da Consellaría de Educación supoñen un decrecemento desde o ano 2009 dun 33% (680 millóns). Algo que, en palabras de Anxo Louzao, van contribuír a deteriorar o ensino, eacrecentar a privatización, a segregación e as diferenzas sociais. A PGDEP compareceu en rolda de impresa para demandar solucións para as diferentes problemáticas que “inciden negativamente na boa marcha do curso escolar e que están a supor un deterioro do ensino público”.Advertiu neste sentido, que os orzamentos da Consellaría de Educación para o ano 2016 non van resolver as carencias que existen, á vez queinsistía na necesidade dun novo modelo de xestión do comedores escolares e demandou ás diferentes organizacións políticas que se presentan ás eleccións xerais o compromiso de derrogar a LOMCE. A Plataforma tamén anunciou a súa participación na cadea humana que se vai realizar en Malpica o vindeiro 12 de decembro ás 12:00 horas para defender unha nova regulación da atención educativa domiciliaria que fixe dereitos e obrigas para a administración.
Ningún comentario:
Publicar un comentario