Callón, profesor de profesión, empregou unha pizarra para expoñer as medidas de NÓS en defensa “dun ensino público de calidade, laico e en galego que dispoña dos suficiente investimento público”.
Neste sentido, NÓS propón adicar a educación un 7% do PIB, contratar persoal docente que cando menos recupere as 3.000 profesoras e profesores perdidos en Galiza desde que goberna o PP, a redución progresiva das taxas universitarias, e transferir a xestión das bolsas para que se faga desde aquí atendendo á realidade do país. ”Coñezo estudantes que perderon a bolsa por declarar que tiñan unha leira, porque desde fora non entenden que ter un terreo en Galiza non significa ser rico e menos aínda un terratenente”, explicou.
“Somos a única candidatura que para o 20D leva no seu programa unha aposta inequívoca polo ensino público, nen privado, nen concertado, 100% público e de calidade, un ensino en galego, porque non é razoábel que se poida rematar a educación superior en Galiza sen escoitar unha palabra no idioma do país, e un ensino laico. Unha aposta nas antípodas da LOMCE españolizante e clerical do ex ministro Wert, que debe ser derogada”, indicou.
Carlos, Tareixa e Alberte convidaron ao estudantado e profesorado a decidir por si mesmo, “pensemos por nós, en lugar de deixarnos engaiolar polo paquete electoral que nos pretenden colocar desde os platós de televisión”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario