mércores, 9 de decembro de 2015

A realidade dos medios en galego, a debate

Representantes da Asociación de Medios en Galego participaron no Culturgal para explicar a situación do noso idioma nos medios de comunicación. Velaquí o vídeo do debate.

Varios representantes da Asociación de Medios en Galego (AMEGA) participaron no Culturgal, en Pontevedra, nun debate sobre a realidade dos medios de comunicación que usan e defenden a lingua propia de Galicia. No encontro participaron: Ubaldo Cerqueiro, director de Que Pasa Na Costa; Henrique Sanfiz, pesidente da AMEGA e director de Radio Fusión (grupo de emisoras municipais galegas); Xurxo Salgado, director de Galicia Confidencial, e Álvaro Peralta, redactor de Valminor.info.
O debate foi emitido en streaming e realizado e gravado polos compañeiros de K12 Comunicación.

Ningún comentario:

Publicar un comentario