Como parecía indicar, o Consello da Xunta non aprobou este xoves medida ningunha a respecto desta tarxeta, pero o anuncio foi o protagonista da rolda de prensa posterior á xuntanza semanal do Goberno. O Executivo abordou o 'cheque bebé' a través dun informe, documento sen valor legal ningún e que o actual Goberno, como os anteriores, adoita empregar para colocar na axenda informativa asuntos do seu interese cando o considera máis adecuado.
O Consello non aprobou ningunha medida sobre esta axuda, que non sairá no DOG ata o 30 de decembro, pero foi publicitada 12 horas antes do inicio da campaña electoralAsí, o propio Alberto Núñez Feijóo admite que non será ata o vindeiro 30 de decembro -a medida entrará en vigor o 1 de xaneiro- cando o Diario Oficial de Galicia publique a orde que, "cunha complexidade administrativa importante", regulará esta axuda. Segundo o presidente, a tarxeta responde a "un plantexamento ambicioso", xa que, como xa indicara nunha entrevista na Radio Galega, pode chegar ao 85% dos bebés que nazan, unhas 17.000, din.
Segundo Rey Varela, que enmarca o cheque no denominado PAN (Plan de Apoio á Natalidade), os 100 euros mensuais da tarxeta permiten "cubrir todos os gastos fundamentais que supón o nacemento dunha filla ou fillo", entre os que cita "alimentación, hixiene e produtos farmacéuticos, xa que a tarxeta poderá canxearse tanto en supermercados e tendas de alimentación como farmacias e parafarmacias". Diante das acusacións de electoralismo, Feijóo xustifica que esta "nin é a primeira medida que adoptamos nin será a última neste eido", xa que "se enmarca" no seo do devandito PAN.
Como xa se avanzara, para acceder a este subsidio de 100 euros durante un ano as familias non poderán ingresar máis de 45.000 euros en total ou 13.500 per cápita. Segundo a Xunta, a tarxeta estará financiada con 9 millóns de euros en 2016 -hai 10 millóns reservados para esta fin nos Orzamentos- e outros tantos no 2017, os primeiros que terá que xestionar o goberno que saia das eleccións do vindeiro ano.
Ningún comentario:
Publicar un comentario