martes, 1 de decembro de 2015

Lanzada unha aplicación que nos achega á axenda cultural galega

Temos nova aplicación sobre actividades culturais a desenvolver na nosa terra. A ferramenta vén da man da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) e a Consellería de Cultura e diríxese a posibilitar a consulta dos eventos da Axenda de Cultura de Galicia “en calquera intre e lugar desde un dispositivo intelixente ou tableta”. A aplicación, altofalante para os trebellos de todas actividades que se amosan na axenda do portal cultura.gal, está xa dispoñíbel en galego e castelán para sistemas iOS e Android.
Segundo fan saber os responsábeis do seu desenvolvemento, quen descargue a ferramenta no seu móbil poderá consultar a actividade cultural (eventos xeolocalizados) que se vén programando nas catro provincias galegas realizando buscas por data, lugar, tipoloxía e proximidade xeográfica. Tamén se achega a posibilidade de gardar procuras, filtras eventos por tipo de acceso e público ou marcar actividades como favoritas.
Segundo engaden AMTEGA e a Consellería, esta aplicación é a ferramenta móbil número 19 das apps lanzadas pola Administración autonómica ao longo dos últimos catro anos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario