venres, 4 de decembro de 2015

Cruz Vermella achega a súa campaña sobre a sida aos alumnos do Laxeiro

Dúas monitoras informaron a todas as aulas e atenderon un posto na entrada do centro.

 Onte chegou a campaña da Cruz Vermella ao IES Laxeiro na que se trata de concienciar aos mozos sobre a necesidade de tomar medidas de protección contra a Síndrome de Inmunodeficiencia Adquirida (SIDA). Esta iniciativa celebrouse días atrás no instituto Antón Losada Diéguez, da Estrada, con motivo da conmemoración, o pasado martes día 1, do Día Mundial da Loita contra a sida. No caso do centro educativo lalinense, dúas monitoras encargáronse de percorrer todas as aulas para informar os rapaces dos riscos que supón contraer esta enfermidade, Ademais, encargáronse de atender un posto de información situado na entrada do centro. Durante esta semana, o Concello de Lalín tamén se sumou á causa e repartiu preservativos entre a mocidade. Actualmente, esta enfermidade afecta a 150.000 residentes en España.

Ningún comentario:

Publicar un comentario