Educación e Arelas presentaron un documento co que "garantir a igualdade de trato" e "combater a discriminación por razóns de identidade afectivo-sexual", nomeadamente das persoas trans.
Esta terza feira (3 de maio) a Consellaría de Educación presentou publicamente nun acto decorrido na Cidade da Cultura o 'Protocolo educativo para garantir a igualdade, a non discriminación e a liberdade de identidade de xénero',
un documento que se entregará aos centros educativos de Galiza e que
visa ser unha "ferramenta de traballo" a prol dunha "escola inclusiva"
asentada no respeito á diversidade.
Neste senso, embora o protocolo estexa dirixido ao conxunto do alumnado presta especial atención ás persoas transexuais, aquelas cuxa identidade de xénero non se corresponde coa identidade rexistral. Unha "condición", sinalan, que "non é deliberada ou caprichosa" como "tampouco é un trastorno mental nin do comportamento", senón "unha condición coa que se nace, que pode manifestarse a partir dos dous anos e medio, pola que o sexo sentido ou psicolóxico, que é o que realmente determina a identidade, non coincide co fisiolóxico ou aparente".
Medidas de actuación
O protocolo, enmarcado na Estratexia educativa 2015-2020 da Xunta de Galiza e na Lei 4/2011 de convivencia e participación da comunidade educativa, inclúe unha serie de medidas e actuacións a levar a cabo após algunha alumna ou alumno comunicar "por escrito" unha "identidade de xénero diferente" daquela que lle foi asignada ao nacer.
Así mesmo, o protocolo sinala que deberá "facilitarse ao/á alumno/a o acceso aos vestiarios e aseos correspondentes ao xénero co que se sente identificado cando existan unicamente espazos diferenciados" garantindo, aliás, "o seu dereito a elixir a propia imaxe, e a adaptar esta, tanto no vestir como en calquera outro aspecto".
Formación e prevención
O texto prevé asemade medidas de información e formación entre a comunidade educativa á fin de concienciar en materia de identidades de xénero e diversidade sexual disponibilizando nas bibliotecas dos centros "un catálogo de libros, manuais e material audiovisual que inclúa a temática da diversidade sexual, que se adecúen á finalidade do respecto e a dignidade para a ampla diversidade que existe dentro do seo da condición humana".
Resta traballo por facer
Durante a presentación do protocolo Cristina Palacios sinalou que esté é "só o comezo" do que hai que facer para garantir a "felicidade" das crianzas trans fronte ás "barreiras mentais" que existen na sociedade polo que defendeu o seu "dereito" a que a diversidade sexual estexa recollida nos currículos escolares.
"Somos conscientes de que queda moito por facer", apuntou o conselleiro de Educación, Román Rodríguez, quen recoñeceu a existencia dalgunhas "lagoas" no propio documento mais subliñou que con esta primeira ferramenta de traballo "fíxose moito".
A transexualidade non é unha condición caprichosa nen un trastorno mental senón unha condición coa que se nace e que pode manifestarse a partir dos dous anos e medioO texto foi redactado pola administración coa colaboración de Arelas, a asociación de familias de crianzas trans, cuxa presidenta, Cristina Palacios, participou tamén no acto de presentación.
Neste senso, embora o protocolo estexa dirixido ao conxunto do alumnado presta especial atención ás persoas transexuais, aquelas cuxa identidade de xénero non se corresponde coa identidade rexistral. Unha "condición", sinalan, que "non é deliberada ou caprichosa" como "tampouco é un trastorno mental nin do comportamento", senón "unha condición coa que se nace, que pode manifestarse a partir dos dous anos e medio, pola que o sexo sentido ou psicolóxico, que é o que realmente determina a identidade, non coincide co fisiolóxico ou aparente".
Medidas de actuación
O protocolo, enmarcado na Estratexia educativa 2015-2020 da Xunta de Galiza e na Lei 4/2011 de convivencia e participación da comunidade educativa, inclúe unha serie de medidas e actuacións a levar a cabo após algunha alumna ou alumno comunicar "por escrito" unha "identidade de xénero diferente" daquela que lle foi asignada ao nacer.
O protocolo inclúe unha serie de actuacións a desenvolver cando unha persoa manifeste unha identidade de xénero distinta á que lle foi atribuída ao nacerEntre elas, dirixirse a esa persoa polo nome acordado entre a equipa docente, o departamento de orientación e a propia persoa ou representantes legais. O nome manterase de igual maneira na documentación do centro e todos os pronunciamentos que non posúan efectos xurídicos ou administrativos até non se producir unha mudanza legal da identidade rexistrada. Cumpre lembrar que Galiza é un dos territorios que máis ten avanzado neste senso téndose rexistrado numerosas sentenzas favorábeis a menores trans, entre elas Sara, a filla de Cristina Palacios, a primeira do país.
Así mesmo, o protocolo sinala que deberá "facilitarse ao/á alumno/a o acceso aos vestiarios e aseos correspondentes ao xénero co que se sente identificado cando existan unicamente espazos diferenciados" garantindo, aliás, "o seu dereito a elixir a propia imaxe, e a adaptar esta, tanto no vestir como en calquera outro aspecto".
Formación e prevención
O texto prevé asemade medidas de información e formación entre a comunidade educativa á fin de concienciar en materia de identidades de xénero e diversidade sexual disponibilizando nas bibliotecas dos centros "un catálogo de libros, manuais e material audiovisual que inclúa a temática da diversidade sexual, que se adecúen á finalidade do respecto e a dignidade para a ampla diversidade que existe dentro do seo da condición humana".
Arelas sinala que é un primeiro chanzo mais que son precisas máis actuacións entre elas incorporar a diversidade sexual e de xénero nos currículos académicosFinalmente, tamén prevé a elaboración de medidas de prevención, detección e intervención perante posíbeis casos de discriminación, acoso escolar, violencia machista ou maltrato infantil por identidade de xénero.
Resta traballo por facer
Durante a presentación do protocolo Cristina Palacios sinalou que esté é "só o comezo" do que hai que facer para garantir a "felicidade" das crianzas trans fronte ás "barreiras mentais" que existen na sociedade polo que defendeu o seu "dereito" a que a diversidade sexual estexa recollida nos currículos escolares.
"Somos conscientes de que queda moito por facer", apuntou o conselleiro de Educación, Román Rodríguez, quen recoñeceu a existencia dalgunhas "lagoas" no propio documento mais subliñou que con esta primeira ferramenta de traballo "fíxose moito".
Ningún comentario:
Publicar un comentario