Familias e comunidade educativa exixiron a paralización e derrogación da lei coa ollada posta nas révalidas que terán lugar a vindeira semana.
Centos de persoas saíron ás rúas máis unha
vez convocadas pola Plataforma galega en defensa do ensino público para
amosar o rexeitamento á LOMCE e exixiren a súa derrogación.
Compostela, A Coruña, Lugo, Ourense, Vigo, Pontevedra, Carballo, Ferrol, Vilagarcía e Cee acolleron senllas mobilizacións das que fixeron parte familias, estudantes e representantes da comunidade educativa.
Como xa explicou Sermos Galiza nun artigo publicado a finais do mes de abril, estas probas non terán efectos nos currículos escolares do alumnado de 6º curso como tampouco de 3º de Primaria polo que desde a Plataforma galega en defensa do ensino público animan a "liberar ao alumnado dun calvario durante tres días" non acudindo aos centros de ensino, lembrou Anxo Louzao.

Estamos constatando que se incrementou o rexeitamento por parte do conxunto da comunidade escolarNo albo, as reválidas de sexto de Primaria que terán lugar os días 11, 12 e 13 de maio e que a plataforma chama a boicotar. "Temos que valorar como importante a contestación e a receptividade por parte das familias e do profesorado" sinalou o voceiro da plataforma e secretario nacional da CIG-Ensino, Anxo Louzao, a respeito da acollida que está a ter a proposta entre os distintos axentes, principalmente nais e pais que non enviarán, previsibelmente, eses días á escola as súas crianzas. "a propia administración educativa é consciente diso até o punto de que vén de enviar unha circular a todos os centros co obxectivo de que chegue ás familias facendo louvanzas da bondade destas probas", dixo.
O lóxico, normal e responsábel por parte dunha administración educativa sería paralizar a aplicación da LOMCE“Estamos constatando que se incrementou o rexeitamento por parte do conxunto da comunidade escolar”, subliñou Louzaou quen asegurou que "o lóxico, normal e responsábel por parte dunha administración educativa sería, neste momento, paralizar a súa aplicación e non levar a cabo este tipo de probas, ao igual que están facendo outras administracións educativas", algo que non acontecerá toda vez que a Consellaría de Educación continúa adiante coa aplicación da LOMCE.
Como xa explicou Sermos Galiza nun artigo publicado a finais do mes de abril, estas probas non terán efectos nos currículos escolares do alumnado de 6º curso como tampouco de 3º de Primaria polo que desde a Plataforma galega en defensa do ensino público animan a "liberar ao alumnado dun calvario durante tres días" non acudindo aos centros de ensino, lembrou Anxo Louzao.
Ningún comentario:
Publicar un comentario