A iniciativa destina 2 millóns de euros para contratos a científicos con menos dun ano de experiencia.
200 mozos e mozas investigadores se contratarán co apoio da Xunta no marco do programa Principia, con fin de impulsar a competitividade das empresas galegas. O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, avanzou que esta iniciativa, á que se destinan 2 millóns de euros, se activará nas próximas semanas para estimular a contratación de profesionais cualificados por parte de empresas e organismos de investigación.A convocatoria está aberta a que empresas e organismos públicos e privados de investigación propoñan a contratación de titulados medios ou superiores de menos de 35 anos, cunha experiencia máxima na súa especialidade dun ano. Incentivando con 10.000 euros os contratos para os primeiros doce meses.
O programa establece o apoio a contratos de como mínimo un ano, coa intención de que o estímulo inicial proporcionado con fondos públicos se consolide despois grazas ao compromiso das empresas e entidades beneficiarias co valor que estes profesionais lles achegarán, a través de contratos de longa duración. Desde hoxe, os interesados poden acceder á información sobre o programa na páxina web destinada tanto empresas como aos mozos e mozas titulados.
Conde trasladou as compañías do sector bio as oportunidades que se lles abren coa Estratexia, que a través de ferramentas como a innovación empresarial e a compra pública innovadora se marca o obxectivo de crear 30 novas empresas biotecnolóxicas en Galicia nos vindeiros cinco anos, un 15% máis das actuais; sumar, entre todas elas, unha facturación de 300 millóns, un 20% máis do que fan hoxe; e xerar 300 novos empregos cualificados no sector.
Conde resaltou o impacto que este impulso á biotecnoloxía terá sobre sectores estratéxicos galegos como o agroalimentario e a pesca, “mellorando a capacidade competitiva dos nosos sectores tradicionais”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario