Diante do anuncio das datas de celebración da “Avaliación diagnóstica
individualizada”, o STEG (Sindicato de traballadoras e traballadores do
Ensino de Galiza) quere lembrar que lle solicitou á Consellería a
suspensión das reválidas posto que o Congreso dos Deputados votou a
favor de paralizar a súa implantación como medida previa á súa
derrogación o pasado mes de abril.
A filósofa alemá Hannah Arendt definiu a desobediencia civil como unha das principais formas de activismo político legal e democrático. Cómpre remarcar o de “legal e democrático”, na medida en que a desobediencia civil non pon en cuestión o modelo político existente; ten como obxectivo central o incumprimento dunha norma para conseguir o ben común, obxectivo vertebrador da vida política democrática. Xa que logo, a desobediencia civil debe ser un elemento estrutural dun Estado de dereito. Coa desobediencia civil non se persegue un fin individual, unha especie de dispensa persoal para non acatar a lei ao estilo da obxección de conciencia, senón un fin social, comunitario, que se logrará coa substitución da norma obxecto da desobediencia por outra que responda mellor aos intereses xerais, ou ao que os clásicos denominaban o ben común.
A desobediencia civil muda imprescindíbel cando un goberno democrático usa a súa maioría verticalmente, eliminando toda voz disidente e se constitúe, dende a legalidade, como un poder impermeábel ás demandas e necesidades da poboación, atendendo só os ditados dos seus intereses particulares, aos que todas as persoas quedamos sometidas.
Sen entrar en cuestións como que para o alumnado de 6º as competencias teñen que estar plenamente adquiridas mes e medio antes de que remate o curso escolar, no STEG temos moitas razóns para opoñérmonos a estas reválidas:
Como se viu o curso pasado, a non asistencia non implicou perxuízo nin sanción ningunha para o alumnado nin para as súas familias.
Malia que se di que non influirán na nota media nin na posibilidade de promoción, si que figuran no expediente, co cal pode haber nenas/os que queden xa “marcadas/os” por unha soa proba. Adxudícaselle unha nota a un alumnado moi novo, sen considerar para cada estudante condicionantes fundamentais: contexto sociocultural e socioeconómico, alumnado con necesidades especiais, etapa do proceso madurativo, evolución durante o curso, etc.
Un dos obxectivos non explícitos desta proba é o de crear un ránking de centros, que na práctica favorece a creación de “guetos” educativos, nos que os centros ou comarcas con peores resultados na proba, serán os que reciban menos recursos para o curso seguinte. Deste xeito complétase e perpetúase o círculo vicioso iniciado pola Administración: no inicio de cada curso non se dota dos recursos necesarios os centros de ensino público, o que incide negativamente nos resultados; os centros con peores resultados verán reducidos os seus recursos en vez de recibiren máis apoios e dotacións como debería ser en boa lóxica.
A LOMCE conta co rexeitamento da comunidade educativa e foi deslexitimada por votación das maiorías parlamentarias actuais, polo que o seu percorrido será moi curto ou nulo. Por tanto, sería desexábel centrar os esforzos do alumnado e do profesorado no verdadeiramente substantivo e prescindir daqueles elementos que están lonxe de achegar beneficio ningún para o Ensino.
O mantemento destas reválidas supon un dispendio innecesario, tanto pola celebración das probas en si coma polo investimento de cartos públicos, a través dos contratos-programa, para preparar esas probas.
Trátase dun ataque e un menosprezo brutal á avaliación gobal e continua realizada nos propios centros de traballo polas/os titoras/es e déixase de lado o carácter sumativo e formativo que debera posuír a avaliación.
Condiciona o traballo do profesorado que só poderá traballar os contidos para esa proba, deixando de lado o currículo ordinario e perdendo polo camiño os contidos necesarios para que os procesos de ensino-aprendizaxe sexan os mellores para o alumnado.
Non facilita solucións para corrixir as dificultades na adquisición de competencias (ten un marcado carácter sancionador), ignorando medidas de probada efectividade como:
Comisión Permanente do Secretariado Nacional do STEG

- Aumentar o profesorado de apoio
- Reducir a carga horaria do persoal docente
- Reducir as ratios de alumnado
- Recuperar o investimento na atención á diversidade como un dos eixos fundamentais para un ensino público de calidade, conforme aos criterios de igualdade, equidade e xustiza social, corrixidor da fonda desigualdade social que está a vivir o noso país.
Comisión Permanente do Secretariado Nacional do STEG
Ningún comentario:
Publicar un comentario